Mos
Mos presenta o Entroido 2015
Unha programación festiva completa e protagonizada polo tradicional Desfile de Comparsas, que este ano terá como colofón final unha gran verbena a cargo da orquestra Claxxon
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a edil mosense, Sara Cebreiro, presentaron esta mañá a programación de actividades para este Entroido 2015 que organizan conxuntamente as concellerías de Cultura e Educación e Participación Cidadá.
As representantes municipais avanzaron que os pratos fortes do programa deste ano serán o tradicional Desfile de Comparsas, unha Festa Infantil de Entroido e o Campamento Infantil de Entroido.
O Desfile de Comparsas celebrarase o domingo 15 de febreiro ás 17.30 horas na Avenida de Sanguiñeda. O prazo de inscrición no desfile de Mos rematou o pasado venres, día 30 de xaneiro, acadando ata entón un total de 22 comparsas inscritas das cales 19 están integradas por adultos e as 3 restantes son comparsas infantís. En canto á súa procedencia, as comparsas inscritas son un total de 13 do propio Concello de Mos e 9 doutros municipios. As comparsas mosenses inscritas son a da Asociación de Veciños San Salvador de Louredo, ANPA do Colexio de Atín, Santa Ana de Veigadaña, Abrente, Escravas da Virxe Dolorosa, Asociación Recreativa Cultural de Guizán, Asociación de Veciños Chan do Bosque, Asociación Cultural Celado, Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, “Chegaron os que faltaban”, A Cividade, “Vai de Varanda” e Asociación Rutas a Cabalo.
Tras o Desfile de Comparsas, ás 20.00 horas, dará comezo a gran verbena amenizada musicalmente pola orquestra Claxxon, que lles ofrecerá a tódolos asistentes máis de tres horas de música e diversión. Xunto con Claxxon actuará Marcos Rodríguez, presentador do programa da TVG Os Favoritos e protagonista do musical ‘Hoy no me puedo levantar’.
O luns 16 de febreiro celebrarase no Multiusos das Pozas a Festa Infantil de Entroido, que dará comezo ás 16.30 horas e entreterá ós cativos participantes durante toda a tarde con discoteca, ‘Photocall’ e numerosas personaxes Disney.
Campamento
Por último, o Campamento Infantil de Entroido que se levará a cabo na Ludoteca Municipal de San Rafael (Pereiras) ten como obxectivo facilitar ós pais e nais de Mos a conciliación da vida familiar e laboral durante esta época vacacional na que os seus fillos non teñen clase. O campamento, que se desenvolverá os días 16, 17 e 18 de febreiro en horario de 10.00 horas a 14.00 horas, vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Durante estas tres xornadas os pequenos realizarán un obradoiro de disfraces, xogos dinámicos, xogos teatrais e orellas de Entroido.
Os interesados en obter máis información sobre este campamento ou formalizar a inscrición poden facelo a través do enderezo de correo electrónico ludotecademos@clarexa.es ou do teléfono 688 919 196.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149