Salienta a participación do Goberno galego en iniciativas de vangarda en apoio do téxtil, respaldando 40 proxectos innovadores durante os últimos 5 anos
Conde destaca a innovación, o deseño, a calidade e a internacionalización como claves para reforzar a moda en Galicia
O conselleiro de Economía e Industria visitou hoxe as instalacións de Pili Carrera en Mos e mantivo un encontro con empresarios do sector en Cointega
A empresa mosense Pili Carrera recibiu esta mañá a visita do conselleiro de Economía e Industria, D. Francisco Conde López, que asistiu acompañado da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, do concelleiro de Formación e Emprego, Facenda e Patrimonio e tenente alcalde, Óscar Soto Abadín, e de Alberto Méndez Lago, concelleiro da parroquia de Torroso, lugar onde se ubica a fábrica da devandita empresa.
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, resaltou hoxe a innovación en deseños, a calidade e a internacionalización como claves para reforzar a moda infantil galega. Conde visitou a factoría de Pili Carrera en Mos, que subliñou como referente do sector, e reuniuse en Vigo con empresarios integrados no clúster téxtil galego, Cointega.
O conselleiro salientou que “o téxtil galego está a demostrar que efectivamente con innovación, con deseño e calidade se pode competir” en mercados exteriores moi difíciles, un desafío polo que, defendeu, “pasa o futuro do sector”. Como ferramenta para competir nestes mercados, Conde salientou o permanente compromiso da industria téxtil galega e da Xunta coa innovación en procesos e produtos, un apoio que se traduciu en 40 proxectos innovadores neste eido apoiados polo Goberno galego durante os últimos cinco anos.
Como exemplo do compromiso da moda infantil galega coa innovación, Conde destacou o papel xogado por Pili Carrera, con máis de medio século de percorrido empresarial e que simboliza, resaltou o conselleiro, a puxanza galega no eido da moda infantil. Conde destacou á compañía como exemplo “de cómo se pode facer industria en Galicia, cómo se pode competir nos mercados”, a través do medio centenar de tendas repartidas por máis de trece países, “levando o nome de Galicia, e de Mos, por todo o mundo”.
A compañía ten tras de si, incidiu, “máis de 50 anos de emprendemento” cun traballo que a ten consolidado como “referente claro do sector téxtil galego”, unha aposta por Galicia e por “fixar tecido industrial” na comunidade que conta, subliñou, con todo o respaldo do Goberno galego.
Conde defendeu a Pili Carrera como referente dun tecido empresarial, o do téxtil, que representa o 11% do PIB galego, sumando máis de 500 empresas e 13.000 empregos, e liderando as exportacións cun crecemento das súas vendas ao exterior dun 50% en só 5 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191