Salceda de Caselas
O PP de Salceda de Caselas insta ao PSOE a que abandone o bipartito
Davila asegua que "os desacordos co seu socio de goberno son cada vez maiores e coñecidos publicamente, o que fai incongruente a alianza PSOE-non adscritos"
Unha cuestión “totalmente incongruente, e cada vez máis evidente e pública”, fai que o Partido Popular de Salceda de Caselas inste ao PSOE, representado pola concelleira Marina Cabaleiro, a que “abandone o goberno bipartito, porque non ten sentido ningún a súa continuidade nel. O PSOE é o responsable de ter o goberno que temos e de ter o alcalde que temos, e, á vez, faille fronte, actuando como se na oposición se atopase, indo en contra do seu propio socio de goberno; algo incomprensible”, explica o concelleiro e presidente do PP local, Santiago Rodríguez Davila.
“As diferenzas en determinados temas e as discusións públicas saídas de ton son xa habituais entre PSOE e non adscritos, chegando a tal punto de que a edil socialista abandonara unha sesión plenaria por estar en desacordo cos seus socios. É tanto o distanciamento entre ambos que xa fai dous anos que estamos á espera dese pacto de goberno anunciado cando os entón alcalde e concelleiros do BNG abandonaron o partido para ir ao grupo dos non adscritos”, subliña Rodríguez Davila. “Vai facer xa dous anos daquel acontecemento, no que o PSOE daba por suposto que a negociación que tiña era co BNG e por tanto reuniríanse novamente para confeccionar un novo pacto de goberno, algo que nunca fixeron, o que ven a demostrar que ambas partes están no goberno por intereses meramente persoais. Exemplo desta mala relación entre ambos é o feito de que agora tratan os temas importantes a través de mensaxería móbil a pesar de que alcalde e concelleira teñen os despachos contiguos, prefiren escribirse whatsapps a falar cara a cara”.
Entre tantos asuntos nos que non comparten postura “atópanse o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e o recente plan de transporte metropolitano. Precisamente, o pasado venres, o PSOE organizou cos veciños unha reunión informativa sobre o PXOM amosando o seu desacordo co feito ata o de agora, algo que dende o PP tamén comparten pero sen embargo non queren alamar, senón que envían unha mensaxe de tranquilidade a todos os veciños, xa que haberá tempo de abondo para estudar cada caso e facer as alegacións oportunas; todo ten os seus prazos, e a día de hoxe estamos no inicio do inicio deste proceso que, polo menos, tardará outros catro anos máis para chegar ao seu fin”. De feito, actualmente estase á espera de informes de diferentes organismos (Confederación Hidrográfica, Patrimonio, Fomento…) para poder levar a pleno a aprobación inicial, “un documento”, insisten dende o PP, “que non será para nada o definitivo, senón que a partir desta aprobación inicial –prevista para finais de 2015 comezos de 2016, cando xa haxa un novo Goberno e unha nova corporación- é cando se presentan as alegacións, abríndose entón nese momento o tempo de debate e non agora como pretende facer o PSOE, que o único que consigue é demostrar que non ten nin idea do procedemento a seguir para a posta en marcha dun PXOM”. Os propios socialistas desmárcanse do Bipartito ao abandonar a comisión do PXOM, anunciado hoxe mesmo na prensa, por iso dende o PP insisten en que “non fagan as cousas a medias e que se realmente non comparten posturas abandonen este matrimonio de conveniencia”.
Por outra parte, outro dos temas nos que tamén “tropezan” socialistas e non adscritos é no do plan de transporte metropolitano. No pleno no que se aprobou a adhesión do Concello de Salceda a este plan os non adscritos votaron a favor, igual que tamén o fixo o PP, e, sen embargo, a concelleira socialista abstívose. “Pero a maior das incongruencias non é esa, que tamén, senón que nun punto anterior desa mesma sesión plenaria si se posicionou a favor de crear unha partida destinada a dito plan, algo ilóxico se logo non votas para que ese plan saia adiante”.
“Ante toda esta falta de seriedade e criterio e ante as insensateces amosadas, dende o Partido Popular pídenlle ao PSOE a que ‘faga’ por unha vez, unha acción responsable e abandone este goberno bipartito de conveniencias particulares polo ben de Salceda e polo de todos os seus veciños”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129