Mos
Mos presenta o ‘Plan Integral Pro Hábitos Saudables’
Este programa, extensivo á poboación mosense de tódalas idades, contará con actividades cada mes
Asistiron ó acto de presentación a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o adestrador da U.D. Mos e Subcampión e Record do Mundo de Maratón, Alejandro Gómez, a Psicóloga Deportiva e Nutricionista Delfina Vicente, a bailarina Patricia Martínez, 9 veces Campiona de España de 10 Bailes e Standard, o concelleiro de Deportes, Isidoro Táboas, e a edil de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón.
Segundo explicaron hoxe “este programa denomínase como integral por tres motivos. En primeiro lugar porque abordará todo tipo de hábitos, tanto físicos como mentais, e traballará sobre diversas áreas como son a alimentación, a actividade física, a psicoloxía e nutrición deportivas; ademais de desenvolver todo tipo de actividades dende charlas ata obradoiros, cursos deportivos ou visitas guiadas”.
“En segundo lugar, trátase dun plan integral por ir dirixido a toda a poboación mosense, abarcando tódolos rangos de idade existentes nos máis de 15.000 habitantes de Mos. Haberá, neste sentido, iniciativas cuxos beneficiarios sexan os cativos e adolescentes mosenses, así como adultos e maiores. E por último, o terceiro dos motivos que refrendan a calificación de integral deste programa é que se desenvolverá ó longo de todo o presente 2015, deseñando e realizando diferentes actividades cada mes ata finais de ano”.
No acto de presentación desta mañá deuse conta da programación prevista para este mes de febreiro dentro do ‘Plan Integral Pro Hábitos Saudables’ que consiste nunha serie de saídas escolares tituladas ‘Visita o teu súper’, charlas no Instituto sobre alimentación e trastornos alimenticios, un obradoiro de axilidade mental para maiores e unha charla sobre educación e nutrición deportivas.
A actividade ‘Visita o teu súper’ é unha iniciativa dirixida ó alumnado mosense de Ecación Primaria. As visitas ó Eroski comezaron o pasado día 8 de xaneiro, e rematarán o vindeiro 12 de febreiro; e consisten nunha sesión formativa formada por unha charla inicial de 30 minutos no propio centro educativo en cuestión, na cal se ofrece información básica sobre alimentación, consumo e dereitos dos consumidores. E posteriormente, 60 minutos de saída onde se remarca a formación ofrecida a través da visita ás instalacións do supermercado Eroski de Mos.
O obxectivo destas visitas é reducir ou eliminar todos aqueles factores que incrementan a probabilidade de que se produza un trastorno, neste caso alimentario, ó tempo que se aumentan as capacidades persoais e o apoio do entorno. No caso dos trastornos da conduta alimentaria, a desinformación ou as nocións erróneas sobre a alimentación, cobren un dos principais postos nos factores que o desencadean. Outros obxectivos son promover hábitos de vida saudable, proporcionar información adecuada sobre a alimentación, facilitar o desenvolvemento do comportamento responsable como cidadáns e informar sobre a promoción e defensa dos intereses e dereitos dos consumidores. En total participarán 91 cativos alumnos de 4º curso de Educación Primaria dos colexios de Atín, CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda, CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro Mos e Lar.
A charla sobre alimentación e trastornos alimenticios vai dirixida ó alumnado de 3º da ESO do IES de Mos (un total de 107 alumnos/as), e trátase dunha actividade financiada pola Escola Galega de Saúde e levada a cabo pola Marián García, profesional responsable de ABAP (Asociación de Bulimia e Anorexia de Pontevedra). A través desta iniciativa preténdese que os destinatarios/as adquiran unha perspectiva crítica da información que lles chega dos diferentes ámbitos de socialización e aprendan a valorarse polas súas virtudes particulares. Outros obxectivos da charla son concienciar da importancia da prevención dos trastornos alimentarios, adquirir conceptos básicos sobre os trastornos alimentarios e as súas manifestacións, remarcar a importancia de comer en familia e levar unha dieta equilibrada, para previr os trastornos da alimentación, para estar san e sentirse ben, fO tempo de duración da charla é de dúas horas e a última sesión celebrarase o día 9 de febreiro.
O obradoiro de axilidade mental para maiores titulado ‘Exercitando a nosa mente’ é un programa preventivo dirixido á terceira idade do municipio de Mos. Céntrase no traballo das habilidades psicomotrices e cognitivas dos maiores, partindo do obxectivo principal de fomentar a súa autodeterminación e independencia. Outros obxectivos desta iniciativa son promover a calidade de vida das persoas maiores do municipio de Mos, impulsar a participación das persoas maiores, favorecer a integración das persoas da terceira idade na vida do municipio, establecer relacións sociais positivas e previr a soidade, e propiciar o mantemento das capacidades cognitivas, persoais, físicas e sociais das persoas maiores.
Os beneficiarios desta actividade poderán ser todas aquelas persoas empadroadas no Concello de Mos, maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. As diversas actividades das que consta o obradoiro levaranse a cabo no Multiusos das Pozas tódolos martes e xoves dende o 24 de febreiro ata o 19 de marzo. Concretamente os días 24 e 26 de febreiro; e 3, 5, 10, 12, 17 e 19 de marzo, sendo o horario de 12:00 horas a 13:30 horas.
Para estimular o desenvolvemento cognitivo realizaranse talleres abertos a todo tipo de variantes (exercicios de memoria, de atención, cálculo, escritura, lectura, expresión plástica, estimulación dos sentidos, orientación espazo- temporal, linguaxe, etc.). Todo adaptado ás idades e destrezas dos participantes.
Mediante a realización destas actividades, e seguindo a metodoloxía proposta, conseguirase establecer lazos de comunicación entre os/as participantes, intercambiando experiencias e opinións; atribuíndo así unha maior riqueza e complementariedade ás actividades. Ademais, este obradoiro pretende ser unha fonte de estimulación intelectual e psicomotora, de forma que sexan motivadoras e que inciten a participar de forma activa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149