Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 04 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Oia

Medio Ambiente inicia unha actuación de mellora da drenaxe na estrada Vigo -Tui ao seu paso por Oia

Os traballos, que estarán rematados este mesmo mes de febreiro, requirirán cortes alternativos de tráfico, que estarán debidamente sinalizados

[Img #17459]A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inicia hoxe unha actuación que incrementará a capacidade da obra de drenaxe existente no punto quilométrico 30+500 da estrada Vigo-Tui (PO-552), ao seu paso polo Concello de Oia. Neste punto existe unha canalización de drenaxe transversal que rexistra frecuentes problemas de obstrución, debido á insuficiente capacidade da canle en momentos de chuvias intensas.

 

A obra de drenaxe canaliza o río Seco, no que se producen importantes arrastres de sedimentos, atopándose na actualidade a capacidade hidráulica da obra de drenaxe moi mermada pola presenza de pedras de grande tamaño no seu interior. Isto provoca que ante un episodio de choivas moderadas a auga reborde e discorra por encima da estrada. Na imaxe sinálase o punto no que se realizará a actuación:

 

As obras que acomete a Axencia Galega de Infraestruturas consisten na limpeza da canalización actual, retirando as pedras que actualmente están a mermar de xeito considerable a súa capacidade hidráulica. A actuación complementarase coa colocación dunha nova tubaxe de 1.200 mm de diámetro en paralelo á actual, que permitirá incrementar a capacidade do sistema de evacuación de augas de drenaxe e evitar no posible novas situacións de taponamento, ao dispor de dúas canalización para evacuación de augas.

 

Ambas conducións finalizarán nunha arqueta de reparto de nova construción que permitiría a súa conexión co colector existente de saída que discorre baixo unha estación de servizo.

O investimento para executar esta actuación é de 12.000 euros, que investirá a Axencia Galega de Infraestruturas, e estarán rematadas este mesmo mes de febreiro. Para a execución dos traballos será necesario realizar cortes alternativos de tráfico que estarán debidamente sinalizados.

 

Cómpre indicar que paralelamente, Augas de Galicia e a Axencia Galega de Infraestruturas traballan conxuntamente na redacción dun proxecto construtivo para solucionar definitivamente esta situación, que inclúe a recuperación do dominio público hidráulico e a adopción de medidas para reducir os importantes arrastres de sedimentos que se producen na cunca de aportación e pola presenza de construcións

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.