Provincia
Xubilados e pensionistas maniféstanse en denuncia da “mísera” suba das pensións
O Colectivo de Xubilados e Pensionistas da CIG convoca para mañá xoves concentracións en diferentes cidades de Galiza para denunciar o cativo incremento das pensións, dun 0,25% -apenas 1,82 euros-. Denuncia que, deste xeito, se empobrece ás xubiladas/os e pensionistas, tendo en conta que as contías das mesmas son das máis baixas do Estado español.
O Colectivo de Xubilados e Pensionistas da CIG lembra que os/as 743.793 perceptores/as galegos/as que cobran de media 730,77 euros en cada pagamento mensual percibirán exactamente 1,82 € máis que no ano 2014 o que supón unha perda de poder adquisitivo que se suma ás políticas de recortes de prestacións sociais públicas á terceira idade como son a atención á saúde e á dependencia e ao repago de medicamentos.
A isto engaden que “isto afectará, non só ao colectivo de pensionistas senón tamén, en moitos casos, ás súas familias, que por non teren ingresos de seu, precisan das súas achegas económicas para poderen formarse ou mesmo subsistir”.
No decurso das concentracións farán tamén entrega dun escrito colectivo de denuncia no que dan conta destas cuestións, dirixida tanto á Ministra de Emprego e Seguridade Social como ao Ministro de Facenda e Administracións Públicas.
Horas e lugares
En Pontevedra será ás 12:00 horas diante da Subdelegación do Gobern, mentres que en Vigo o farán diante do INSS ( Rua O Grove, Coia) á mesma hora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101