Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 05 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Tomiño

O PP de Tomiño propón a Esteban González Miranda como candidato á alcaldía

A proposta da Xunta Local do PP de Tomiño terá que ser aprobada polo Comité Electoral Provincial

[Img #17468]A Xunta Local do PP de Tomiño celebrou a pasada noite unha asamblea xeral, na que se elixiu por unanimidade a Esteban González Miranda como candidato á alcaldía para as próximas eleccións municipais, unha decisión que terá que ser aprobada e ratificada polo Comité Electoral Provincial a quen se lle elevou a proposta e que nos próximos días tomará unha decisión ao respecto.

 

O nome de González Miranda xurdiu tras varias reunións celebradas pola Xunta local do partido, tamén coa cúpula provincial, e despois de que a actual voceira Paula Romeu renunciara a  liderar a candidatura do PP de Tomiño por motivos laborais.

 

Esteban González Miranda, de 33 anos, titulado en comercio nacional e natural da parroquia de Estás, “conta co respaldo de toda a Xunta Local do PP de Tomiño e vai ter toda a axuda que precise pola miña parte e dos demais compañeiros para obter os mellores resultados nas próximas eleccións municipais”, -explicou a actual voceira, Paula Romeu,-  que ademais asegura que o PP aspira a consolidar nas proximas semanas, e unha vez que o Comité Electoral Provincial aprobe a proposta deste candidato, un equipo renovado pero avalado á vez por todo o traballo realizado ata o momento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.