Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 06 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

A Xunta retira da Audiencia Provincial de Pontevedra máis de 22.000 expedientes xudiciais grazas ao proceso de expurgo

Nos xulgados da provincia xa foron gravados un total de 162.220 expedientes

[Img #17475]O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe a Audiencia Provincial de Pontevedra, onde retiraranse máis de 22.000 expedientes en 1.023 caixas que xa están preparados para dar traslado á Xunta de Expurgo para a súa posterior destrución ou conservación.

 

Alfonso Rueda, que estivo acompañado do vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Juan Manuel Fernández e do presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez Estébanez, destacou que na Audiencia xa están gravados máis de 40.000 expedientes, deixando dispoñibles na sede da Audiencia un total de 120 metros lineais libres. E nos Xulgados da A Parda están preparados xa máis de 3.000 expedientes para a valoración da Xunta de Expurgo.

 

Grazas a esta labor, estase gañando espazos nas sedes xudiciais, e ao mesmo tempo conservando adecuadamente os documentos que teñen valor histórico e facilitando o acceso á documentación nos arquivos xudiciais, cabe resaltar que o Plan inicial de expurgo  deu comezo na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza e nas Seccións 3ª e 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra.

 

Así, na sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa rematou o proceso completo de expurgo ca eliminación de 12.235 expedientes, organizando o arquivo común dos xulgados que estaba colapsado, e foron trasladados máis de 5.000 expedientes para o Arquivo Histórico, o que deu lugar a un incremento dun 30 por cento de espazo libre. Está iniciado na sala do contencioso-administrativo con máis de 500 caixas preparadas para o seu tratamento pola Xunta de Expurgo.

 

Nas dependencias xudiciais de Vigo, foron retirados máis de 18.000 expedientes e máis de 800 caixas. Tamén foron retiradas 50 toneladas de pezas de convición dos xulgados olívicos que foron enviadas a Sogama para a súa destrución.

 

Na nosa comunidade existen 50 arquivos xudiciais, os do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, as catro Audiencias e os 45 partidos xudiciais; algúns deles con expedientes que datan do seus inicios a comezos do século pasado. Estimase que en total estean almacenados uns 3 millóns de expedientes, con máis de 150 millóns de folios.

 

Mediante a labor de expurgo, levarase a cabo un inventario dos inxentes fondos documentais que gardan os xulgados galegos e determinará cales son dignos de se conservar polo seu interese histórico e cales se poden eliminar. Unha vez feito este traballo, só quedarán aqueles expedientes con menos de 5 anos; os que teñan especial interese o os de valor documental, que pasarán a un arquivo histórico.

 

Así, unha vez gravados os expedientes na aplicación informática existente para este fin, procedese á realización dun estudo das series documentais e dos organismos produtores por parte do persoal técnico de arquivos e a súa remisión á Xunta de Expurgo, xunto cun informe da Consellería competente en materia de patrimonio documental.

 

En toda a comunidade xa foron rexistrados preto de 240.000 expedientes de 120 órganos xudiciais e se prevé  gañar mais dun 75 por cento de espazo nas dependencias xudiciais

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.