Galicia
Feijóo nomea conselleiro de Facenda a Valeriano Martínez e conselleiro de Cultura e Educación a Román Rodríguez
Valeriano Martínez viña exercendo como secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia desde 2009 mentres que Román Rodríguez é deputado autonómico e viceportavoz do Grupo Parlamentario Popular
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe os decretos para nomear a Valeriano Martínez como novo conselleiro de Facenda e a Román Rodríguez como novo conselleiro de Cultura e Educación, en substitución de Elena Muñoz e Xesús Vázquez respectivamente.
Valeriano Martínez García naceu en Aldán (Cangas) en 1961, é licenciado en ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración. Desde 1985 é funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda. Ata a data exercía como secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia. Anteriormente, entre outras responsabilidades, foi director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galicia.
Román Rodríguez González, nado en Lalín en 1968, é doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, na que se licenciou con premio extraordinario e onde é profesor titular. Posúe un título de máster en Desenvolvemento Local. Actualmente é deputado autonómico e desempeña o cargo de viceportavoz no Grupo Parlamentario Popular así como portavoz nos eidos de Educación e Ordenación do Territorio. Forma parte da corporación local de Lalín como teniente alcalde.
Os novos conselleiros de Facenda e de Cultura e Educación tomarán posesión do cargo mañá martes, 10 de febreiro, ás nove horas no Pazo de Raxoi.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215