Galicia
Policía Autonómica e Gardacostas incautan máis de 140 quilos de bivalvos nun operativo de control na AP9
Como resultado dos dispositivos de vixilancia levados a cabo polo Grupo ERPOL foron identificadas 56 persoas
O Grupo de Resposta Policial (ERPOL) da Policía Autonómica, en colaboración cos Gardacostas, incautaron 140,56 quilos de molusco bivalvo nun operativo destinado á prevención e control do marisqueo furtivo e da comercialización nas Rías Baixas.
Durante a tarde de onte, membros da Policía Autonómica, en colaboración cos Gardacostas, estableceron dous dispositivos estáticos de control en dúas saídas da AP9, na de Caldas de Reis e na de Cambados. Como resultado do operativo, foron identificadas 56 persoas e tramitáronse unha acta de comiso e outra de denuncia.
Ademais, levantouse un acta de inspección a un vehículo que transportaba 140,56 quilos de molusco bivalvo, carente todo este marisco de documentación de rexistro, obrigatorio para o transporte de bivalvos e de calquera outra documentación que ampare a orixe das especies. A mercadoría incautada distribuíase do seguinte xeito: 9,6 quilos de ostra, 100,6 quilos de ameixa fina e 30,36 quilos de ameixa rubia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215