Mos
A Deputación anuncia que recuperará 25 Castros da provincia cun presuposto de 2,5 millóns de euros
O Plan de Castros xa executado permite visitar 15 xacementos nos que cada un “conta unha historia complementaria de outro”
A deputada Ana Isabel Vázquez inaugurou hoxe no Palacete das Mendoza uns cursos sobre “A pegada do pasado: castros e xacementos arqueolóxicos visitables da provincia de Pontevedra” que terán continuidade, en horario de mañá e tarde, o mércores e o xoves.
Os cursos van dirixidos a guías especializados e técnicos de Turismo e neles participan 40 alumnos. Hoxe, imparteu unha charla José Manuel Rey García, director do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, Patricia Mañana Borrazás, especialista en Megalitismo, e o arqueológo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez, que falou sobre "Castros e outro tipo de xacementos da Idade de Ferro visitables na provincia de Pontevedra".
A súa charla divideuse en dúas partes. Na primeira, explicou qué é un castro e o periodo no que se desenvolveron coa finalidade de “desterrar” a visión xeneralizada de que a Idade de Ferro no noroeste peninsular era algo singular, pechado en si mesmo, sin conexión con outras culturas e espazos tanto do ámbeto peninsular como do Atlántico ou Mediterráneo.
Datos novidosos en A Lanzada e Monte Castro
Rafael Rodríguez explicou a diversidade de xacementos esistentes pois “non son só poblados fortificados senón que hai factorías, santuarios, zonas de almacenaxe, etc.”, dixo, e analizou tamén a economía e sociedade da época. Na súa intervención deu a coñecer novidosos datos obtidos nas excavacións realizadas pola Deputación de Pontevedra nos castros de A Lanzada (O Grove) e Monte Castro (Ribadumia).
Na segunda parte da súa conferencia, o arqueólogo da Deputación fixo un pormenorizado percorrido polos xacementos visitables da provincia de Pontevedra, todos eles excavados, restaurados e limpiados pola Deputación Provincial a través do seu Plan de Castros. Rodríguez explicou aos guías asistentes qué é cada un deles, qué hai que explicar deles e cómo están todos unidos dentro dunha posible visita global “pois cada un conta unha historia complementaria de outro”, afirmou.
Inversión de 2,5 millóns
Na súa intervención, destacou que a Deputación de Pontevedra empezará a desenvolver en breve un amplio programa de rehabilitación e restauración de 25 castros da provincia, cunha inversión de 2,5 millóns de euros procedentes do 1% de inversión cultural do Ministerio de Fomento.
Destacou tamén que dentro do proxecto Depodeza realizaránse en marzo uns encontros sobre a Idade de Ferro en Pontevedra e Lalín con reputados especialistas europeos, e suliñou que a Deputación inclueu os itinerarios dos castros da provincia dentro da Ruta dos Fenicios, un itinerario turístico europeo.
Charlas e visitas mañá e pasado
Mañá, intervirán nos cursos un investigador da Universidade de Coimbra, e José Suárez Otero,doutro en Arqueoloxía, e haberá unha visita guiada á Area Arqueolóxica de A Caeira e a mámoas do Rei, no chan de Castiñeiras, e Vilaboa. O xoves, os participantes no curso visitarán o santuario galaico-romano do Facho, en Donón (Cangas de Morrazo), o castro de Adro Vello, en O Grove e a torre de San Sadurniño, en Cambados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101