Galicia
O 112 Galicia lembra que o uso inadecuado do servizo resta eficiencia
No Día Europeo do Número Único de Emerxencias 112, que se celebra hoxe, a Unión Europea insiste na necesidade de facer un uso apropiado do servizo
O 112 Galicia, pertencente á Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) da Vicepresidencia da Xunta, únese á chamada de atención, que, con motivo da celebración do Día Europeo do Número Único de Emerxencias 112, as institucións europeas fan sobre a necesidade dun uso cada vez máis responsable do servizo. A incorrecta utilización do número de emerxencias por parte dos usuarios multiplica o traballo, resta eficiencia e encarece os recursos e servizos de urxencia. A sobrecarga de chamadas cun fin distinto ao de informar dunha emerxencia supón un incremento dos recursos de atención e, o máis importante, implica desviar medios que outra persoa, nunha situación real de risco para a súa vida, pode necesitar.
A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) trata de promulgar un uso apropiado do número único de emerxencias 1-1-2 mediante a realización de simulacros. Durante o ano 2014, a AXEGA, a través do 112 Galicia, colaborou nun total de 170 exercicios de simulación, dos cales o 40 por cento se realizaron en centros educativos. Os exercicios serviron para pór a proba a capacidade de resposta dos cativos e dos servizos de emerxencias locais.Tamén se practicaron preto dun cento de hipotéticas evacuacións en diferentes centros de traballo.
Por outra banda, a AXEGA ofrece a posibilidade de visitar as instalacións do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia. Estudantes de diversos centros educativos da Comunidade xa coñecen o funcionamento da plataforma tecnolóxica que permite a atención e xestión de calquera tipo de emerxencia nun tempo estimado de 25 segundos. Os interesados en visitar o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia poden realizar unha solicitude a través da páxina web www.axega112.org.
Común, gratuíto e accesible
O 112 foi lanzado no ano 1991 e proporciona un número de emerxencia común, gratuíto e dispoñible as 24 horas dos 365 días do ano en toda a Unión Europea. Dende a súa creación, o número único de emerxencias foi obxecto dunha evolución constante a prol da eliminación das fronteiras físicas, idiomáticas e sociais. Así, a día de hoxe, o 112 Galicia está preparado para atender chamadas en inglés, portugués, francés, alemán, italiano, chinés, árabe, romanés e ruso.
Ademais, Galicia foi das primeiras comunidades autónomas españolas en activar un protocolo de atención ás chamadas de persoas con discapacidades auditivas e de fala, garante que as persoas xordomudas poidan acceder directamente ao 112 en igualdade de condicións que o resto dos cidadáns. Para a posta en marcha deste programa, a Axencia Galega de Emerxencias traballou conxuntamente coa Federación de Asociacións de Xordos de Galicia (FAXPG) e se levaron a cabo unha serie de modificacións e implantacións no sistema operacional do CAE 112 Galicia, entre elas, a integración na plataforma tecnolóxica dun sistema de chat que facilite a comunicación coas persoas xordas; a formación dos operadores para posibilitar a recepción das incidencias e a redacción dun manual e protocolo de actuación adaptado ás necesidades dos discapacitados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103