Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 11 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os accidentes laboráis de traballadores municipais atópanse “dentro da normalidade” segundo un informe presentado onte

A primeira reunión do 2015 do Comité de Seguridade e Saúde centrouse no estudio da nave de Vías e Obras e no inicio dun Plan de Emerxencias e Evacuación para a Axencia de Colocación

[Img #17505]Onte reuniuse no salón de sesións da Casa Consistorial o Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Mos, integrado por concelleiros do equipo de goberno local, técnicos municipais e representantes sindicais. En total o comité está integrado por 8 persoas: os edís Julia Loureiro, concelleira de Persoal, Urbanismo e Medio Ambiente; Isidoro Táboas de Réxime Interno e Deportes; e Sara Cebreiro, de Benestar Social e Cultura; ademais dun técnico de Persoal do Concello, un técnico de Vías e Obras, un técnico de Urbanismo, un Policía Local e un traballador do persoal de limpeza.

 

Durante a xuntanza de onte realizouse un balance do Plan de Prevención do Concello de Mos e das medidas postas en marcha dende a última reunión do comité, celebrada en novembro de 2014. Ademais aprobouse o regulamento de funcionamento do Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Mos, do que previamente xa se elaborara un borrador que foi aprobado na sesión de onte.

 

Tamén se presentou unha estatística de accidentalidade que contén un estudio de accidentes laborais ó longo do pasado ano 2014. O balance é positivo xa que os datos contidos na estatística atópanse dentro da normalidade e non se rexistrou ningún suceso que fose alarmante. A este respecto, entregouse copia a tódolos asistentes á reunión de onte da listaxe de incidencias, -que foron todas de carácter leve-, rexistradas dende a derradeira xuntanza celebrada o pasado mes de novembro.

 

Outra das medidas promovidas polo comité para o presente ano, e que xa se empezou a poñer en marcha, é a de organizar reunións de prevención e cursos eminentemente visuais e prácticos para concienciar ós traballadores dun xeito interactivo e dinámico.

 

Nave de Vías e Obras

 

Ademais dos temas anteriormente citados, o Comité de Seguridade e Saúde traballou onte fundamentalmente sobre a nave municipal de Vías e Obras, sita en Puxeiros. O motivo de que este punto fose o central da primeira reunión do 2015 do comité é que foi o estimado como prioritario pola unanimidade dos membros.

 

Para elo estase a realizar unha revisión da distribución da nave, da almacenaxe dos productos perigosos e un estudio para delimitación entre a zona de almacenaxe e a de aparcadoiro.

 

Axencia de Colocación

 

Por último, avanzar que o seguinte punto no que se porá a traballar o comité será a elaboración dun Plan de Emerxencias e Evacuación para o edificio municipal no que se ubica a Axencia de Colocación de Mos (antigo CDL). Os membros do comité xa empezaron a revisar os planos de dito edificio durante a reunión de onte e, en diante, pasarán a traballar en profundidade no Plan de Emerxencias para a Axencia de Colocación, que segundo informaron os propios integrantes do Comité de Seguridade e Saúde, son as dependencias municipais nas que se move maior tráfico e afluencia de público ó acoller moitos alumnos nos diferentes cursos que se organizan, contar cun servizo de asesoramento e orientación laboral, ser a sede da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, etc.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.