Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 12 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Un microbús escolar colide cun vehículo en Redondela sen deixar feridos

Un microbús escolar colidiu cun vehículo en Redondela, na parroquia de Reboreda. O condutor do autobús foi quen informou ao CAE 112 Galicia do accidente, que non deixou feridos, aínda que no momento da colisión o autobús levaba cinco menores que, posteriormente, foron recollidos polos seus pais. O persoal do 112 Galicia informou á Policía Local e Grumir de Redondela do suceso, que tivo lugar ao redor das 14:00 horas desta tarde. Tamén este mediodía, o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia tivo constancia doutro accidente no que se viron implicados un autobús, que facía a liña regular O Grove-Pontevedra, e un turismo, en San Salvador de Poio. Neste caso, si que houbo que lamentar un ferido, xa que a condutora do vehículo tivo que ser trasladada ao centro de saúde da Parda, en Pontevedra, se ben non se rexistraron feridos entre os ocupantes do bus. Dende o 112 Galicia informouse a Urxencias Médicas, Policía Local de Poio e Garda Civil de Tráfico de Pontevedra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.