Tui
O Consorcio de Augas do Louro recomenda non utilizar a auga potable para beber debido a un aumento na turbidez
Debido ao empeoramento das condicións nas que se recibe a auga do río Miño e aos traballos de renovación dunha das liñas de tratamento da planta potabilizadora (ETAP das Chans), incrementáronse os valores de turbidez da auga distribuída ata superar as 5 NTU, feito que foi posto en coñecemento da Autoridade Sanitaria a cal determinou a súa restrición como auga de bebida.
A empresa xestora do servizo informa, non obstante, que a auga non presenta ningún tipo de risco para a poboación e os usuarios poderán seguir facendo uso diario dela agás como auga de bebida.
O Consorcio continúa traballando na finalización da posta a punto da ETAP de Tui e espera rebaixar a turbidez aos valores normais nos próximos días, momento en que se comunicará este feito aos usuarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115