Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 18 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:

Lingua de namorar fomenta o uso da lingua galega entre os estudantes

[Img #17533]

As consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, presentaron unha nova edición de Lingua de namorar, o concurso de mensaxes de amor dirixido á mocidade que ten como finalidade principal dinamizar o uso do galego nas relacións persoais e na internet.


Lingua de namorar vai dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos, que se dividirán en dúas categorías de idade: de 14 a 19; e de 20 a 35.


As mensaxes participantes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso. A súa extensión máxima será de 350 caracteres, incluídos os espazos en brancos. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.


Para poder enviar as mensaxes, cómpre rexistrarse na web do concurso http://xuventude.xun-ta.es/linguadenamorar e cubrir o formulario de inscrición. Todas serán publicadas nesta páxina e estarán identificadas polo título e máis polo número que se lles asigne. A data límite para enviar as mensaxes de amor é o 22 de febreiro. Unha vez rematado este prazo, abrirase outro para realizar as votacións, que abranguerá do 23 ao 28 de febreiro.

 

Resolución do xurado e premios
O xurado do concurso elixirá as mensaxes gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas en cada categoría. As mensaxes gañadoras publicaranse o 9 de marzo na páxina web do concurso.  


Establécense tres premios por cada unha das categorías. Na categoría A (de 14 a 19 anos) a persoa gañadora do primeiro premio será galardoada cunha tablet 4.0 e mais cunha actividade de aventura para dúas persoas; o segundo premio consiste nun disco duro Toshiba Canvio Basics 2.5”; e o terceiro premiado recibirá unha videocámara deporte dixital impermeable. Pola súa banda, na categoría B (de 20 a 35 anos), o primeiro premio consiste nunha cámara somerxible Fujifilm FinePix XP70 e mais nunha actividade de aventura para dúas persoas; o segundo nunha tablet para lectura Kindle, con pantalla táctil de 6”; e o terceiro premio consiste nunha tarxeta regalo Spotify Premium de 6 meses.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.