Galicia
Dous menores foron evacuados ao Hospital de Burela afectados por unha fuga de gas no interior da súa vivenda
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a dous menores con irritación ocular debido a unha fuga de gas no interior da súa vivenda situada na Rúa San Roque, concello de Ribadeo. Os rapaces foron evacuados ao Hospital de Burela, aínda que o seu estado non revestía gravidade, segundo confirmaron os efectivos de Urxencias Médicas. Tras realizar as correspondentes medicións, os Bombeiros de Barreiros constataron que no interior da vivenda había unha alta concentración de gas, probablemente, a causa do mal funcionamento dunha caldeira. Ás 9:40 horas de hoxe, o persoal do CAE 112 foi alertado dun posible escape de gas, polo que, ademais dos efectivos do parque comarcal, solicitou a colaboración dos técnicos da empresa provedora do servizo, que revisaron a instalación e interromperon o subministro. Tamén foron informados os axentes da Policía Local e Protección Civil de Ribadeo.
Os dous menores afectados en Ribadeo se suman a outros dous que foron trasladados esta madrugada a consecuencia, tamén, dunha intoxicación por monóxido de carbono provocada, posiblemente, pola mala combustión, neste caso, dunha caldeira de gasóleo. O CAE 112 Galicia lembra que unha forma de previr os escapes de gas é realizar revisións periódicas das instalacións no fogar
. Nós mesmos podemos asegurarnos do bo funcionamento dos quentadores de auga vixiando a cor da chama –sempre azul- e descartar que, tras a combustión, quedaran zonas ennegrecidas. Ademais dos quentadores de auga, debemos prestar atención aos radiadores da calefacción, que cada certo tempo precisan dunha limpeza a fondo.
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a dous menores con irritación ocular debido a unha fuga de gas no interior da súa vivenda situada na Rúa San Roque, concello de Ribadeo. Os rapaces foron evacuados ao Hospital de Burela, aínda que o seu estado non revestía gravidade, segundo confirmaron os efectivos de Urxencias Médicas. Tras realizar as correspondentes medicións, os Bombeiros de Barreiros constataron que no interior da vivenda había unha alta concentración de gas, probablemente, a causa do mal funcionamento dunha caldeira. Ás 9:40 horas de hoxe, o persoal do CAE 112 foi alertado dun posible escape de gas, polo que, ademais dos efectivos do parque comarcal, solicitou a colaboración dos técnicos da empresa provedora do servizo, que revisaron a instalación e interromperon o subministro. Tamén foron informados os axentes da Policía Local e Protección Civil de Ribadeo.
Os dous menores afectados en Ribadeo se suman a outros dous que foron trasladados esta madrugada a consecuencia, tamén, dunha intoxicación por monóxido de carbono provocada, posiblemente, pola mala combustión, neste caso, dunha caldeira de gasóleo. O CAE 112 Galicia lembra que unha forma de previr os escapes de gas é realizar revisións periódicas das instalacións no fogar. Nós mesmos podemos asegurarnos do bo funcionamento dos quentadores de auga vixiando a cor da chama –sempre azul- e descartar que, tras a combustión, quedaran zonas ennegrecidas. Ademais dos quentadores de auga, debemos prestar atención aos radiadores da calefacción, que cada certo tempo precisan dunha limpeza a fondo.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56