Galicia
Fin de semana accidentada en Galicia
Dende as 15:00 horas do venres 13 de febreiro ata as 23:59 horas do domingo 15 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 47 chamadas por accidentes de tráfico
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 76 persoas debido a 42 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 13 de febreiro ata as 23:59 horas do domingo, 15 de febreiro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado e o domingo con 15 accidentes respectivamente.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 47 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 42 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 76 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 63 e 37 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 43 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.
Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 18 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 60. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 49 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dúas ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres ocasións.
En 68 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56