Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 17 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Un veciño de Cangas sufriu unha intoxicación tras producirse un incendio na súa vivenda

Unha pota esquecida no lume parece ser a causa dun pequeno incendio producido no interior dunha vivenda situada na Avenida de Bueu, en Cangas. O dono do inmoble, que quedou durmido tras poñer a ola ao lume, tivo que ser trasladado polos servizos sanitarios de urxencia ao Centro de Saúde da localidade con síntomas de intoxicación por inhalación de fume, aínda que o seu estado non revestía gravidade. Os axentes da Policía Local indicaron que o fume era visible dende o patio interior da vivenda, situada no primeiro andar do número 15 da Avenida de Bueu. O temor de que houbese alguén dentro da casa motivou a mobilización de Urxencias Médicas, así como dos Bombeiros do Morrazo, que tiveron que acceder pola fiestra coa axuda da auto escaleira. Foron os axentes da Policía Local de Cangas quen alertou ao persoal do CAE 112 Galicia ao fío desta medianoite. De seguido, dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia se solicitou a colaboración dos efectivos do servizo de extinción e rescate da comarca e do persoal sanitario de urxencia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.