Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 17 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O PP de Salceda solicita a eliminación do carril bici na estrada EP-2501

Os populares xa presentaran unha moción para tratar o tema, tentando dar resposta á problemática xerada arredor desta obra, pero "o alcalde imposibilitou o seu debate" aseguran

[Img #17570]O Partido Popular de Salceda de Caselas ven de presentar o pasado 14 de febreiro  por rexistro a solicitude de celebración dun pleno extraordinario co fin de debater a eliminación do carril bici que discorre pola estrada provincial 2501, entre a Esfarrapada e As Pontes, dando resposta á demanda dos veciños que xa transmitiron múltiples queixas dada a inseguridade que se xera na zona tanto para viandantes como condutores e para os propios ciclistas.

 

Os populares xa presentaran unha moción no mes de decembro con tal motivo pero naquel entón “o alcalde imposibilitou a súa presentación e debate por considerala un rogo”. A moción facía referencia á necesidades de constituír unha comisión co fin de mellorar a seguridade do carril bici, valorando diversas alternativas. Neste caso, os populares indican que “as obras deste proxecto foron aprobadas conxuntamente nun mesmo punto, que no seu momento se votou pola vía da urxencia, con outras dúas (a da rotonda do cruce de Correos e a do rego automático do campo da Gándara) dado  que as tres se ían executar con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra”. Sinalan que “Foi un tema que non pasou pola comisión, séndonos entregada a documentación unhas horas antes da súa votación en pleno, momento no cal incluso propuxemos que se votasen as tres obras por separado pero o alcalde non aceptou”.

 

Agora veñen de detectarse diversos problemas e a veciñanza pon de manifesto a súa desconformidade coa construción de dito carril, tanto pola seguridade, como polos accesos ás propiedades e pola eliminación de case todo o aparcamento, entre outras queixas. Con tal motivo, dende o PP propúxose, mediante esa moción non debatida, que se constituíse unha comisión para a mellora deste proxecto, buscando posibles alternativas entre os diferentes partidos e as propias asociacións veciñais, con propostas que logo fosen levadas a pleno para que sexan finalmente aprobadas e executadas.

 

“Despois de pasados case que dous meses e vendo o desinterese do Bipartito polo tema, dende o PP volvemos insistir, porque si nos preocupan os problemas dos veciños de Salceda, e pedimos que se celebre un pleno extraordinario para tratar o asunto”, explica o presidente e concelleiro do PP Santiago Rodríguez Davila. “Pensamos que esperamos un tempo prudencial e actuamos de xeito respectuoso, sen botar man (como si o fan eles) de accións conflitivas e faltas de educación que non levan máis que ao descrédito”, engade, “pero ante a pasividade mostrada polo alcalde e o seu goberno respecto do tema e observando que a maioría dos veciños piden a retirada do carril bici, dende o PP solicitamos ao Bipartito que actúe e responda, como dita á lei, á nosa petición de celebrar un pleno extraordinario co único obxectivo de dar solución a este tema de vital importancia para Salceda e os seus cidadáns”, conclúe Rodríguez Davila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.