ESPECIAL SOLO INDUSTRIAL EN GALICIA
A Xunta oferta 2 millóns de metros cadrados de solo industrial con rebaixas de ata o 50 por cento no seu prezo
A primeira fase abriuse en xaneiro e inclúe 500.000 m2 propiedade de Xestur, mentres que o no mes de marzo activarase a segunda fase coa oferta das parcelas do Instituto Galego de Vivenda e Solo
A Xunta de Galicia puxo á venda medio millón de metros cadrados de solo industrial propiedade de Xestur con rebaixas de ata o 50 por cento. Esta é a primeira fase do programa que mobilizará ata 2 millóns de metros cadrados de solo industrial, incluído na Axenda da Competitividade Industrial Galega (Galicia-Industria 4.0) e que
ten por obxecto incrementar ata o 20% o peso da industria galega no PIB e a creación de 50.000 empregos no sector nos próximos 5 anos.
O concurso convocouse en xaneiro cun prazo para presentar solicitudes que remata a mediados de febreiro. Unha vez resolto, as parcelas que non foron adxudicadas por falta de licitadores poderán ser adxudicadas polo mesmo prezo que rexeu no concurso a quen a solicite mediante adxudicación directa
Este programa contempla rebaixas de ata o 50% para aqueles parques empresariais situados nas Zonas Impulsa -Ourense, Ferrolterra, Lugo e Costa da Morte-, así como para os concellos fronteirizos con Portugal. Ademais, establécese unha rebaixa do 30% no resto de parques, salvo os das áreas urbanas, que contarán cun desconto do 15% -Mos, Ponte Caldelas, Santiago e A Coruña-.
A segunda fase deste programa de rebaixas nos prezos do solo industrial abrirase no mes de marzo, coa oferta de parcelas en parques empresarial propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
Para esta primeira fase estableceuse a aplicación dos seguintes descontos segundo os parques en que se ubican as parcelas:
Rebaixa do 50% sobre o prezo actual do metro cadrado en todas os parques propiedade da Xuntana provincia de Ourense, na provincia de Lugo, na Costa da Morte, Ferrolterra e concellos limítrofes con Portugal: Parques de Xinzo de Limia, Pereiro de Aguiar, Central de Transportes, Vilamarín, Ponteceso, Pontedeume, Ortigueira, Cedeira, Carballo, Barreiros, O Corgo, Cervo, Foz, As Gándaras, Guitiriz, Muimenta, Vilalba, Viveiro,e Arbo.
Rebaixa do 30% sobre o prezo actual no resto de parques industriais non urbanos: Parques de Arzúa, Melide, Ordes, Boiro, Sigüeiro, Santa Comba, Negreira, , Silleda, Lalín.
Rebaixa do 15% sobre o prezo actual en parques ubicados en zonas urbanas: Parques de A Sionlla (Santiago), Reigosa (Pontecaldelas), Mos e Morás (Arteixo).
Obxecto de licitación
En principio, serán obxecto de licitación as parcelas de solo empresarial propiedade do ente instrumental da Xunta de Galicia Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., sobre as que non haxa ningún compromiso de venda ou opción de compra, ou outras cargas que impidan o seu alleamento, e que estean suficientemente definidas dende o punto de vista urbanístico e rexistral.
A venda das parcelas antes referidas, ten o carácter de venda con publicidade, aberta e incondicional, que se adxudicará ao mellor postor ou oferta máis vantaxosa, de conformidade co previsto nos criterios de preferencia incluídos nas bases do concurso. Poderá solicitarse a compra de parcelas tal como están configuradas no parcelario correspondente, ou ben parcelas cunha superficie e configuración diferente, que puideran resultar, no seu caso, da segregación das parcelas previstas.
O adquirente obrigase, entre outras cousas, a concluír a edificación proxectada na parcela adquirida e a obter a habilitación correspondente para a primeira actividade no prazo de 3 anos, a contar dende a data de formalización da compravenda.
Axenda da Competitividade industrial de Galicia
As rebaixas de prezo para o acceso ao solo industrial son unha das medidas contempladas en Galicia - Industria 4.0, a Axenda da Competitividade Industrial Galega, que establece as pautas para modernizar a industria co obxectivo de crear 50.000 novos empregos de calidade ata o anos 2020.
A Axenda, que está a ser consensuada cos axentes implicados, suma 60 medidas específicas que se desenvolverán a través de 5 eixos de actuación: factores territoriais de competitividade, persoas e organizacións, crecemento, innovación e mercados. Deste xeito, perséguese incrementar o peso da industria no PIB en 6,5 puntos ata acadar o 20% no ano 2020.
Co desenvolvemento da Axenda, a Xunta aspira a modernizar a industria galega a través da innovación, establecendo novas fórmulas de produción que melloren a súa competitividade, e impulsando a fabricación de produtos diferenciados e de calidade. Desta forma, fixarase tecido industrial con capacidade para recuperar o emprego e xerar novos postos de traballo.
Para acadar estes retos, a Axenda aposta polo equilibrio entre o reforzo dos sectores tradicionais e o impulso dos emerxentes así como pola diversificación de produtos. Facilitarase ademais a hibridación multisectorial, que supón a interconexión de sectores distintos na procura de aproveitar as sinerxías entre eles para mellorar a súa competitividade no mercado global.
A axenda ten unha clara orientación sectorial co obxectivo tanto de reforzar sectores estratéxicos da economía galega –agroalimentario, automoción, naval, forestal ou téxtil-, como de impulsar outros emerxentes e de maior valor engadido, como o aeronáutico, o biotecnolóxico ou as TIC.
Deste xeito, búscase consolidar en Galicia a denominada Industria 4.0, composta por fábricas intelixentes, automatizadas, flexibles, interconectadas, sostibles e sociais, que conta con espazos compartidos entre humanos e máquinas, e outorga máis responsabilidades ás persoas, máis cualificadas e ben formadas, capaces de xestionar eficientemente os novos ámbitos produtivos.
No tocante ao entorno competitivo, entre outras medidas, apoiarase un sistema formativo que aposte pola Formación Profesional Dual ao tempo que se crea un mecanismo de vixilancia do entorno normativo.
No eido do crecemento, a Axenda contempla a activación de novos programas de financiamento entre os que destaca unha liña de apoios que priorizará os proxectos orientados cara á Fábrica Intelixente, así como axudas para impulsar que as empresas gañen tamaño.
Ademais, entre as principais medidas está a activación do programa Fábrica Intelixente, que, a través dun concurso, financiará os mellores proxectos presentados dentro do marco da Industria 4.0. Esta iniciativa complementarase coa creación de aceleradoras de innovación nas 4 provincias galegas e a posta en marcha de novos programas para a captación dos fondos Horizonte 2020 e Cosme. Ademais, porase o foco no impulso da hibridación intersectorial de cara a facilitar o aproveitamento das sinerxías entre sectores favorecendo a súa competitividade.
Co obxectivo de detectar e impulsar novas oportunidades comerciais activarase un Programa de Intelixencia Competitiva que facilitará a vixilancia de mercados, e se impulsarán business factories, focos de emprendemento industrial, mediante plans operativos sectoriais.
Por último, no tocante aos novos mercados e vinculado directamente co desenvolvemento da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega, potenciaranse os procesos de relocalización e de integración de cadeas de valor, así como o papel de Galicia como plataforma loxística no tráfico de mercadorías.
Oferta de parcelas na provincia de Pontevedra
- PARQUE EMPRESARIAL DE LALÍN 2000
- PARQUE EMPRESARIAL DE A REIGOSA (PONTECALDELAS)
- PARQUE EMPRESARIAL DE SILLEDA

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101