Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 18 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

6.000 persoas disfrutaron do desfile de Entroido en Mos

Erixíronse como gañadoras as comparsas de Chan do Bosque e Pereiras, recibindo os premios á mellor comparsa de adultos e á mellor carroza, respectivamente. A mellor comparsa infantil foi a porriñesa ‘Cousas’

[Img #17643]O Desfile de Comparsas de Entroido do Concello de Mos, celebrado o domingo 15 de febreiro ás 17.30 horas na Avenida de Sanguiñeda, foi todo un éxito de afluencia contando con uns 6.000 asistentes entre o público, segundo estimacións da Policía Local mosense.

 

A concelleira de Cultura de Mos, Sara Cebreiro, fixo hoxe públicos os nomes dos gañadores do desfile que foron: a Comparsa ‘Espelliño espelliño’ da Asociación de Veciños Chan do Bosque (Mos), premio á mellor comparsa de adultos; a Comparsa ‘Moulin Rouge’ da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras (Mos), premio á mellor carroza; e a Comparsa ‘Cousas’ (O Porriño), premio á mellor comparsa infantil.

 

Participaron un total de 21 comparsas das cales 18 estaban integradas por adultos e as 3 restantes eran comparsas infantís. En canto á súa procedencia, as comparsas inscritas eran un total de 12 do propio Concello de Mos e 9 doutros municipios. As comparsas mosenses participantes foron a da ANPA do Colexio de Atín, Santa Ana de Veigadaña, Abrente, Escravas da Virxe Dolorosa, Asociación Recreativa Cultural de Guizán, Asociación de Veciños Chan do Bosque (gañadora do premio á mellor comparsa de adultos), Asociación Cultural Celado, Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras (gañadora do premio á mellor carroza), “Chegaron os que faltaban”, A Cividade, “Vai de Varanda” e Asociación Rutas a Cabalo.

 

Tras o Desfile de Comparsas, ás 20.00 horas, deu comezo a gran verbena amenizada musicalmente pola orquestra Claxxon, que lles ofreceu a tódolos asistentes máis de tres horas de música e diversión. Xunto con Claxxon actuou Marcos Rodríguez, presentador do programa da TVG Os Favoritos e protagonista do musical ‘Hoy no me puedo levantar’.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.