Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 19 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos sinaliza os seus centros veciñais e culturais

Hoxe comezaron os traballos de instalación dun total de 30 sinais direccionais homologadas

[Img #17663]As dez parroquias do Concello mosense están a ser estes días esceario dos traballos de instalación dos sinais direccionais que indicarán a situación dos centros culturais e veciñais de Mos.

 

A concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, informou esta mañá de que hoxe iniciáronse os traballos de instalación dos sinais verticais direccionais que sinalizarán a ubicación de tódolos centros das asociacións veciñais e culturais do municipio.

 

En total colocaranse 30 sinais que estarán instaladas por todas as 10 parroquias mosenses. Segundo explicou Cebreiro, esta iniciativa, financiada con fondos propios municipais, “era unha demanda das directivas do tecido asociativo do Concello de Mos”, declarou a edil.

 

Con esta ampliación da sinalización direccional na localidade mosense facilitarase a orientación dentro do termo municipal tanto de conductores coma de viandantes, dado que o de Mos é un Concello moi disperso e moi amplo en extensión. Ademais, coa dotación nos viais municipais destes novos sinais preténdese que os grupos que veñen doutros concellos a actuar en Mos poidan atopar fácilmente o lugar no que van a facelo, xa que moitas das actividades culturais que se celebran en Mos realízanse nas sedes das diferentes asociacións culturais e veciñais, situadas en cada unha das dez parroquias mosenses. 

 

A finalidade deste proxecto é, segundo declaraba hoxe a concelleira de Cultura responsable do mesmo, Sara Cebreiro, “facilitar sobre o propio territorio a identificación tanto do emprazamento como dos itinerarios de acceso ós diferentes centros e sedes das asociación de veciños e culturais de Mos”.

 

Así mesmo outro dos obxectivos destes traballos é lograr unha repercusión positiva dinamización cultural no municipio. Como xa se dixo, este proxecto inclúe un total de 30 elementos metálicos de sinalización homologados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.