Tui
Un operario resulta ferido grave en Tui ao caerlle unha árbore enriba
Un traballador, que realizaba labores de limpeza da vía férrea en Tui, resultou ferido de gravidade ao caerlle unha árbore enriba. O operario foi evacuado en ambulancia ao Hospital Xeral de Vigo, aínda que tamén foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Ourense.
O ferido se atopaba, xunto con outros compañeiros, rozando e tallando árbores e maleza nas marxes da vía do tren, cando, de súpeto, lle caeu unha árbore, relataron os particulares que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda. O golpe lle provocou feridas de gravidade, polo que os servizos sanitarios de urxencia decidiron mobilizar o helicóptero con base en Ourense, pero, finalmente, o ferido puido ser trasladado en ambulancia. O persoal do CAE 112 Galicia, tras recibir a alerta ás 11:00 horas desta mañá, pediu a colaboración das forzas da orde e dos efectivos de Urxencias Médicas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22