O Porriño
O grupo de Teatro Fontevella sóbese ao escenario para celebrar o seu 20 aniversario
Hoxe ás 19:30 horas volverán pisar as táboas do Centro Cultural Municipal para estrear unha obra especialmente creada para a ocasión "20 aniversario", escrita e dirixida por Chelo Pampillón e con Atrezo Teatro a cargo da escenografía
O grupo de teatro Fontevella do Porriño, subirase mañá ao escenario do Centro Cultural Municipal para celebrar ao grande o seu vixésimo aniversario. Esta agrupación teatral, dirixida por Chelo Pampillón e formada por actores de idades que oscilan entre os 60 e os 90 anos, conta con longa traxectoria dende que puxera en escena a súa primeira representación no ano 1995. A seriedade, a ilusión e a calidade que impregnan sempre as súas obras convertéronos xa nun referente do teatro afeccionado do noso municipio e de toda a bisbarra.
Así, mañá ás 19:30 horas volverán pisar as táboas para estrear unha obra especialmente creada para a ocasión "20 aniversario", escrita e dirixida por Chelo Pampillón e coa escenografía a cargo de Atrezo Teatro. Esta representación conta coa colaboración do Concello do Porriño.
O grupo de actores que forman Teatro Fontevella quere invitar a todo o mundo a unirse á celebración acudindo mañá a compartir con eles sorrisos, bágoas e algunha que outra cantiga, nunha entrañable e coidada posta en escena.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180