Redacción / Xornal21.es
Viernes, 20 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
O Rosal
Unha persoa falece e outra resulta ferida ao colidir dous vehículos no Rosal
Unha colisión entre dous vehículos en O Rosal, Pontevedra, saldouse cun home falecido e unha muller ferida. Ambos viaxaban no mesmo coche cando circulaban pola recta de San Xián, na estrada que une os concellos de A Guarda e Oia. Se ben ela non precisou medios para saír do vehículo, o varón tivo que ser excarcerado polos efectivos do GES de A Guarda que, segundo afirmaron, xa falecera cando chegaron os equipos de rescate. Pola súa banda, a muller foi atendida no mesmo punto polos servizos sanitarios de urxencia e, porteriormente, trasladada. No outro vehículo implicado na colisión viaxaba, unicamente, o condutor, que resultou ileso. Ao redor das 17:30 horas desta tarde, o CAE 112 Galicia recibiu a alerta do accidente e, de seguido, solicitou a intervención de Urxencias Médicas e Garda Civil de Tráfico de Pontevedra, ademais dos efectivos do GES. Tamén se informou aos Bombeiros do Baixo Miño, que non chegaron a intervir.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208