Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 20 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos saca de novo a licitación por tramitación urxente a cesión do dereito de superficie da parcela municipal industrial Faquiña

Con este procedemento lograranse ingresos para o Concello que "revertirán en mellora dos servizos, ademais de activar a actividade empresarial na localidade e fomentar o emprego"

 

[Img #17671]A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe de que se levará á Sesión Plenaria Ordinaria do presente mes de febreiro (que se celebrará a semana próxima) a aprobación da concesión do dereito de superficie da parcela municipal de uso industrial de Monte Faquiña, -antiga CEPSA-, sita na Avenida do Aeroporto, parroquia de Tameiga.

 

A este respecto a rexedora local explicou que esta parcela xa saíra anteriormente a procedemento aberto de adxudicación quedando este deserto, polo que agora se volve a sacar unha nova licitación por tramitación urxente. Dita tramitación urxente implica que os prazos se reducen á metade respecto do anterior proceso.

 

A parcela municipal Faquiña ten forma triangular e conta cunha superficie de 7.170 metros cadrados. O informe técnico-urbanístico municipal establece o prezo da concesión e, polo tanto, o valor económico do contrato da mesma, en 11.647, 24 euros.

 

A renda do contrato deberá de satisfacerse por anos naturais vencidos, dentro do primeiro trimestre do ano seguinte. A anualidade correspondente ó ano de adxudicación prorratearase en atención á data desta. O canon ten carácter anual polo que o seu devengo se produce a 1 de xaneiro de cada ano.

 

O criterio de valoración para a adxudicación da parcela a unha das empresas que se presenten ó procedemento de licitación terá en conta os seguintes puntos: incremento sobre o canon de aplicación, actividade a desenvolver, importe do investimento, número de traballadores, importe anual dos tributos a devengar, diminución do prazo da concesión sobre o máximo previsto e prezo da concesión.

 

O prazo para a presentación de proposicións por parte das empresas interesadas será de 13 días hábiles contados a partir do seguinte ó día de publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais nos que apareza.

 

Os usos industriais ós que se pode destinar esta parcela son vivenda para gardería exclusivamente (unha por industria), garaxe-aparcadoiro, artesanía, comercio, oficinas, gasolineiras e hostalería en xeral ó servizo dunha estrada e non situados a máis de 50 metros da liña de edificación da mesma. A altura máxima da construcción deberá ser de tres plantas e/ou 10 metros.

 

A duración da concesión do dereito de superficie á empresa adxudicataria será de 50 anos con posibilidade de ser prorrogada durante 25 anos máis de común e expreso acordo por ambas partes, que deberán de asinar unha adenda ó contrato inicial, pero recaendo a decisión desta prórroga da concesión de xeito discrecional no Concello de Mos. En todo caso a solicitude de prórroga faculta ó Concello de Mos para revisar ou recalcular o prezo da renda.

 

Fomento do emprego

 

O adxudicatario deberá de contratar ó número de traballadores que sinale na súa oferta  e cumprir a totalidade das obrigas legalmente impostas pola lexislación vixente en materia laboral.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.