Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 25 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos contrata a 30 novos traballadores durante 6 meses

Trátase de veciños desempregados sen ingresos ou perceptores de prestacións sociais

[Img #17706]O Concello de Mos continúa coa súa intensa aposta polo fomento do emprego mediante a contratación de 30 traballadores de distintas categorías, segundo informou hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo. A administración local poderá contratar a esta trintena de traballadores gracias a unha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes ao abeiro do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais 2015.

 

Os 30 traballadores divídense en 6 categorías do seguinte xeito: 5 operarios teitadores de asfalto, 4 operarios mantedores de redes de sumidoiros, 4 instaladores de tubos para conducción de gavias, 5 operarios mantedores de edificios, 10 operarios conservadores de parques e xardíns e 2 limpadores mantedores de piscina. O período de contratación será de seis meses a tempo parcial de 25 horas semanais.

 

Os requisitos que debían cumprir as persoas candidatas a estes postos eran ser desempregados non perceptores de ingresos ou perceptores de prestacións sociais coma o RISGA, RAE ou PREPARA. A contratación dos traballadores realízase directamente a través do Servizo Público de Emprego, SEPE, que foi quen se encargou de preseleccionar ós candidatos.

 

O proceso atópase nestes intres realizando os trámites previos para a contratación dos 30 traballadores.

 

Arévalo, rexedora local de Mos,  manifestouse satisfeita e optimista ante o índice do desemprego en Mos, que espera que “con accións coma esta de contratación de novos traballadores para o Concello e o repunte que parece que está a experimentar a economía a nivel nacional, as cifras do paro comecen a descender radicalmente”, dixo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.