O Porriño
O BNG leva ao pleno o fallo de seguridade no paso a nivel
O grupo municipal do Bloque presentará unha moción de urxencia no pleno de mañá xoves (18:30h) na que solicita demandar de ADIF responsabilidades e explicacións públicas polo fallo producido nas barreiras de seguridade e reclama do Ministerio de Fomento avances na supresión do paso a nivel do Porriño.
Para os nacionalistas “o concello, en lugar de esixir responsabilidades polo acontecido dedícase unha vez máis a xustificar e exercer de portavoz de ADIF, que todavía non se pronunciou. O comunicado defendendo que o protocolo de seguridade funcionou correctamente despois de non ter baixado as barreiras cando circulaba un tren polo paso a nivel, confirma que o PP antepón os intereses do Ministerio de Fomento e ADIF, en lugar da seguridade dos veciños e veciñas do Porriño. Para o PP a supresión do paso a nivel do e a mellora da seguridade na zona mentres esta supresión non se produza, non son unha prioridade. O goberno local non ten intención de presionar a quen corresponde para buscar unha solución definitiva a esta grave problema”.
Mocións en defensa da Sanidade Pública
O BNG presentará tamén outra moción por vía extraordinaria referente ao funcionamento do servizo de urxencias do Centro de Saúde do Porriño. “Instamos ao concello a que demande do Sergas (Xunta) que dote con dous profesionais médicos e dous auxiliares por turno o servizo de urxencias do Porriño. Na actualidade, a falta de persoal neste servizo, que cubre os fines de semana os municipios do Porriño, Mos e Salceda de Caselas, impide poder combinar atención no centro con saídas” sinalan. Esta iniciativa únese as xa presentadas por vía ordinaria nas que demandan fármacos para as persoas doentes de Hepatite C, denuncian a privatización do novo hospital de Vigo e reclaman melloras sanitarias coa ampliación do propio Centro de Saúde e a implantación de novas especialidades médicas no municipio

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56