Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 25 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos presenta o programa anual “TraballaMOS polo teu Futuro”

Trátase dunha estratexia de fomento do emprego, con iniciativas de periodicidade mensual, organizada conxuntamente polas concellerías de Formación e Emprego e Educación e Participación Cidadá

[Img #17709]Esta mañá tivo lugar nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos  a presentación da Estratexia Local de Emprego “TraballaMOS polo teu futuro”, na que estiveron presentes Nidia Arévalo Gómez, alcaldesa de Mos, Óscar Soto Abadín, tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego, Facenda e Patrimonio de Mos, Kely Monzón Otero, concelleira de Educación e Participación Cidadá de Mos e Xosé Alberte Cea, orientador laboral.

 

Na súa intervención Óscar Soto destacou que “as persoas mellor formadas son as que antes se incorporan ó mercado laboral, de ahí a importancia de iniciativas formativas coma esta”, dixo. O concelleiro de Formación e Emprego tamén declarou que “a este respecto no Concello de Mos temos o handicap da falla de alfabetización dixital entre a maioría da poboación, por iso para facilitarlles o labor da búsqueda dixital de emprego ós veciños e veciñas de Mos, dende a Axencia de Colocación poñemos a disposición de tódolos interesados equipos informáticos e conexión Wi-fi a Internet na Axencia de Colocación de luns a venres en horario de 09.30 horas a 13.00 horas”.

 

Pola súa banda Arévalo, rexedora local mosense, fixo referencia á dureza da situación de desemprego para as persoas que a sufren en primeira persoa e insistiu en que “dende o Concello de Mos traballamos duramente para que mes a mes as cifras do paro diminúan no noso municipio”. Asimesmo animou ós desempregados a continuar participando en accións formativas e destacou a importancia do traballo conxunto en materia de emprego dende as concellerías de Educación e Participación Cidadá e Formación e Emprego. Por último, a alcaldesa anunciou que nos próximos meses o Concello de Mos iniciará, gracias ó apoio da consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, dous novos Obradoiros Municipais de Emprego, un Plan Estratéxico de Emprego e varios cursos AFD (Accións Formativas para Desempregados) que permitirán á administración local mosense continuar a loitar activamente contra o desemprego no termo municipal.

 

Tras a presentación desta mañá tivo lugar un taller formativo sobre Linkedin, que contou coa colaboración do Servizo IOBE do Concello de Vigo, e foi impartido por Xosé Alberte Cea. Tratouse dun obradoiro que perseguía o obxectivo de mellorar as competencias dixitais para a busca de emprego, de maneira específica na rede social e profesional Linkedin (novas formas de busca de emprego). A hora de comezo do taller foi a partir das 10.00 horas, e, tras o remate do obradoiro, impartiuse unha sesión sobre “Como elaborar o teu currículo”.

 

A concellería de Formación e Emprego que dirixe o edil Óscar Soto deseñou unha estratexia de fomento do emprego a desenvolver durante o presente ano 2015 en colaboración co departamento municipal de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón.

 

Este programa leva por título “TraballaMOS polo teu Futuro” e inclúe accións de fomento do emprego organizadas mensualmente. As actividades previstas próximamente dentro deste programa son un curso intensivo de inglés e a ponencia de Javier Cebreiros, Doctorando en Comunicación. Graduado en Dirección de Empresas e máster en Investigación en Comunicación.

 

A concellería de Educación e Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón organiza o curso intensivo de inglés para a preparación das probas de nivel para a obtención do First e/ou B2, que se levará a cabo dende o vindeiro mes de marzo a maio de 2015. As probas de obtención do First e/ou B2 convócanse habitualmente no mes de xuño.

 

A frecuencia das clases será de dous días semanais por grupo cunha duración de cada clase de 90 minutos, o que veñen a sumar unha carga lectiva de 12 horas mensuais por cada grupo. O curso comezará o día 2 de marzo e dividirase en dous grupos, o grupo 1 recibirá as clases os martes e xoves de 19:30 horas a 21:00 horas e o grupo 2 os luns e mércores tamén de 19:30 horas a 21:00 horas. As clases impartiranse na Axencia de Colocación.

 

Os/As beneficiarios/as directos/as deste programa serán  tódolos/as mosenses interesados/as na aprendizaxe do idioma maiores de 16 anos. Indirectamente os mozos e mozas doutros municipios que estean interesados nesta programación. Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Mos. Establécese un mínimo de 8 persoas por grupo e un máximo de 15.

 

O prazo de inscrición na actividade rematará mañá xoves 26 de febreiro. Os interesados en inscribirse deberán presentar a solicitude cuberta e asinada xuntando fotocopia do DNI. As prazas serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. A publicación da lista de admitidos realizarase o venres 27 de febreiro. O curso suspenderase de non acadarse o número mínimo 8 participantes.

 

A actividade será levada a cabo por unha monitora Licenciada en Filoloxía Inglesa.

 

A conferencia de Javier Cebreiros versará sobre a tendencia ás redes sociais, a importancia dos contactos no mundo laboral, a gran cantidade de presentacións e actos de networking fan que desenvolvelas sexa determinante, e todo pasa por algo: só mellorarás na medida en que desexes facelo. Esta ponencia trata precisamente, de espertar o líder que todo levamos dentro e motivalo para mostralo cada día.

 

En base a isto, dende a Concellería de Educación e Participación Cidadá xunto coa Axencia de Colocación, preocupadas pola situación de desemprego, procuran crear iniciativas que respondan a estas necesidades e por iso organizaron a ponencia titulada  “¿Es un líder? Se queres, ¡SÍ!”, unha actividade dirixida ó desenvolvemento  de actitudes para o liderazgo,  e incremento das posibilidades de contratación, a cargo do especialista en comunicación Javier Cebreiros. Os obxectivos da mesma son mellorar a capacidade de liderazgo para incrementar as posibilidades de contratación, orientar para motivar na acción ós asistentes, facilitar a comprensión de tres conceptos clave para o mercado laboral en relación ás nosas habilidades sociais e concienciar ós asistentes do liderazgo que teñen no seu interior.

 

Esta charla vai especialmente enfocada cara a estudantes e desempregados con idades entre os 18 e os 30 anos, aínda que tamén dirixida a tódolos públicos, co fin de mellorar a capacidade de liderazgo. O día de celebración da mesma será o vindeiro 5 de marzo, dende as 19:00 ata as 20:00 horas e realizarase nas instalacións da Axencia de Colocación do Concello de Mos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.