Salceda de Caselas
Obras e cursos de formación en Salceda
Os concelleiros Santiago Rodríguez Davila e Joaquín Núñez acompañaron á deputada Marta Iglesias na visita a un curso de poda e ás obras do cemiterio de San Xurxo e á traída de auga de San Esteban de Budiño
O Partido Popular de Salceda de Caselas congratúlase unha vez máis das achegas da Deputación de Pontevedra en beneficio do municipio e dos seus veciños. “Grazas ás subvencións e axudas do ente provincial estanse a levar a cabo obras moi demandadas pola cidadanía, así como tamén a posta en marcha de accións formativas de gran proveito”, sinala o presidente e concelleiro do PP local, Santiago Rodríguez Davila.
Precisamente Rodríguez Davila e o tamén concelleiro popular Joaquín Núñez acompañaron á deputada Marta Iglesias na súa última visita a Salceda para comprobar o estado de dúas obras executadas con partidas procedentes da Deputación, así como saudar e compartir impresión cos participantes nun curso de poda realizado na Asociación de Veciños Caselas, enmarcado no programa “Ti tamén contas”.
As obras obxecto de visita foron, por unha parte, a mellora no cemiterio de San Xurxo, onde se construíu unha beirarrúa de acceso ao mesmo, e, por outro lado, a mellora da traída de augas de San Esteban de Budiño coa instalación dunha nova acometida feita polo colectivo de usuarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191