Galicia
A Xunta estuda un Plan de Actuación para a Protección dos Animais
A directora xeral de Conservación da Natureza salientou que o programa recollerá propostas encamiñadas á mellora na protección dos animais domésticos e medidas preventivas contra o maltrato e o abandono
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, convocará previsiblemente en abril o Consello Galego de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade. Así o avanzou esta mañá a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, quen compareceu na Comisión Parlamentaria, e onde adiantou que a Consellería presentará diferentes propostas de actuación encamiñadas á mellora na protección dos animais domésticos.
Por unha banda, proporase o desenvolvemento de campañas e actividade de divulgación e educación dirixidas aos máis pequenos, apostando pola afianzamento de valores nas xeracións futuras. Entre as medias destacou as accións de innovación educativa nos centros de ensino primario a través de programas educativos baseados nas competencias básicas e a educación en valores, como o Plan Proxecta, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Tamén se elaborarán publicacións e actividades que permitan transmitir as obrigas dos propietarios dos animais domésticos, para evitar o abandono, por exemplo. Engadiu que para evitar este problema e o maltrato, proporase un traballo coordinado entre todos os organismos implicados na protección animal, co desenvolvemento de ferramentas de traballo que permitan a integración de datos de interese para as diferentes autoridades competentes, e que faciliten e axilicen o control e vixilancia do correcto cumprimento da normativa de protección dos animais domésticos e a execución das súas competencias.
Como exemplo, citou unha ferramenta electrónica que notificará telematicamente os datos de interese entre as autoridades locais, corpos de seguridade e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, permitindo un seguimento directo de actuacións que comprometan o benestar dos animais.
Tamén se facilitará apoio e formación ás autoridades locais, que permitan o traballo coordinado na mellora da protección dos animais domésticos, especialmente mediante a elaboración de procedementos normalizados de traballo e a realización de xornadas de formación na materia; e por último, crearanse grupo de traballo que permitan a coordinación de esforzos e a creación da manuais de boas prácticas. A directora recordou que a Xunta xa está a participar no Plan de actuacións para promover a tenza responsable de cans e gatos e as boas prácticas no seu comercio, cuxos resultados tamén serán trasladados no Pleno do Consello.
Consello Galego de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade
A director xeral de Conservación da Natureza destacou que o Consello Galego de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade é o órgano consultivo e de estudo, no que participan representantes dos principais colectivos implicados na defensa dos animais domésticos e das autoridades competentes na súa protección e “constitúe o foro máis axeitado para establecer cales son as mellores e máis eficaces accións a acometer para loitar contra o maltrato e abandono dos animais domésticos”, manifestou.
Entre as funcións do Consello destacan: emitir informes nos casos aos que fai referencia a lexislación vixente en materia de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, cando se trate de competencia atribuídas á Xunta de Galicia; e promover e realizar estudos de planificación e coordinación.
Por último, a directora xeral destacou que dende o ano 2009 o Goberno galego fixo un investimento de 822.000 euros en iniciativas e actuacións destinadas a mellorar o benestar dos animais domésticos e paliar as consecuencias do seu abandono.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22