Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 02 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos asina tres convenios de colaboración coa ANPA do IES e coa Escola e a Banda de Música de Torroso

Estas axudas en materia de Cultura e Educación pretenden fomentar a integración escolar, o compañeirismo, e a promoción musical

[Img #17737]A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asinaba este pasado venres tres convenios de colaboración con agrupacións mosenses na presencia das concelleiras de Educación, Kely Monzón, e Cultura, Sara Cebreiro. En concreto os actos de sinatura foron coa ANPA do IES de Mos, coa Escola de Música de Torroso e coa Banda de Música Xuvenil de Torroso. En representación da ANPA do Instituto asinou a presidenta da mesma, Lourdes Castro Pérez e en representación da Escola de Música e do Círculo Recreativo e Cultural de Torroso o presidente de ambos, Iván Rey Grandal.

 

O convenio coa ANPA do IES pretende dar cabida ao fomento, apoio e asistencia no Centro Público de Educación Secundaria de actividades culturais, deportivas e educacionais, configurándose como elemento esencial na vida de hoxe á promoción da saúde, o compañeirismo e a competividade entre todos os rapaces.

 

A Asociación de Nais e Pais, organiza, colabora e subvenciona ao longo do curso diversas actividades deportivas, culturais e educacionais que teñen por obxecto o fomento da integración escolar, do compañeirismo e da formación

 

É por todo isto polo que a concellería de Educación entende que a mellor forma de instrumentar a axuda para o curso 2014- 2015 (de setembro de 2014 a setembro de 2015) é a canalización da mesma a través dunha subvención nominativa e a sinatura do presente convenio de colaboración.

 

As accións previstas neste convenio financiaranse por importe de 2.000 euros. O Concello realizará a achega en dous prazos co 50% do importe en cada un deles.

 

No caso do convenio coa Escola de Música do Centro Recreativo e Cultural de Torroso, o Concello de Mos considera evidente que a ensinanza da música é básica na educación dos rapaces e que lles é de aplicación como base na súa formación persoal, potenciación das habilidades propias, así como o fomento do coñecemento da historia a través da música.

 

Este convenio terá vixencia durante o ano 2015  e mediante o mesmo o Concello de Mos comprométese ao pago á Escola de Música do Centro Cultural e Recreativo dunha achega durante o ano 2015 en función do número de alumnos/as matriculados/as. Esta cantidade será a seguinte: 26.400,00 euros si o total de números matriculados/as é inferior ou igual a 120 alumnos/as, 28.800,00 euros si o total de números matriculados/as é inferior ou igual a 130 alumnos/as, 31.000,00 euros si o total de números matriculados/as é inferior ou igual a 140 alumnos/as, 35.000,00 euros si o total de números matriculados é superior  a 140 alumnos/as.

 

Pola súa banda a Escola de Música comprométese a minorar o custo da matrícula  dos alumnos/as, prorrateado o importe concedido entre o número de matriculados/as que estean empadroados no Concello de Mos. Para a  acreditación desta minoración, deberá figurar expresamente  na documentación da matrícula o custo da mesma e a subvención do Concello.

 

Por último, asinouse tamén este venres o convenio de colaboración coa Banda Xuvenil de Torroso, que se creo no ano 1987 no seo do Centro Recreativo e Cultural de Torroso.  Actualmente a Banda de Música conta co reforzo dunha Escola de Música oficial propia, con máis de 170 alumnos matriculados. No ano 2003 créase a B.O.S.E.M.M. (Banda Orquestra Sinfónica da Escola de Música de Mos) para formar a novos compoñentes, que, á súa  vez contan con actuacións musicais propias.

 

A Banda de Música representa o Concello de Mos en diversas edicións do Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra, conseguindo o terceiro e segundo premio respectivamente na III e IV edición, o primeiro premio e mención de honra na V edición deste e o primeiro premio na 2ª sección do 2º concurso zonal de bandas de música populares do sur de Pontevedra, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra, na XI edición  do Certame Provincial na Sección II acada o segundo premio e na XII edición o primeiro premio.

 

Por todo elo é vontade do Concello de Mos a cooperación coa Banda de Música de Torroso de acordo cos programas e actuación que este deseñe. O Concello de Mos e a Banda de Música Xuvenil de Torroso levan organizando conxuntamente, dende o ano 1999, o Certame de Bandas de Música de Mos, no que ademais colaboran a Federación de Bandas de Música e a Deputación de Pontevedra, entre outros. A cooperación e colaboración entre o Concello de Mos e a Banda de Música Xuvenil de Torroso é máxima polo que convén formalizar este convenio para que a Banda poida participar co Concello de Mos na organización e confección de obradoiros didácticos sobre o mundo musical, realizando visitas aos centros veciñais e culturais do Concello de Mos para deste xeito acercar a música ás nenas e nenos de Mos, así como organizar visitas didácticas á Escola de Música dos centros educativos de Mos, actuar nas festas municipais da Rosa e dos Maiores e organizar o concerto de Santa Icía.

 

O importe da subvención con cargo a este convenio ascende a 10.000 euros.A vixencia do mesmo será ata o 31 de decembro de 2015.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.