Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 04 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Baiona

Medio Ambiente licita un quilómetro máis do carril – bici de Baiona

O prazo de execución desta actuación é de tres meses, polo que as obras poderán estar rematadas este mesmo verán

[Img #17756]O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, anunciaba o pasado día 2 que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou as obras para a prolongación do carril bici entre os puntos quilométricos 16+700 e 17+700 na estrada PO-552, neste municipio. Así llo trasladou ao alcalde de Baiona, Jesús Almuíña, co que mantivo unha reunión de traballo, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.

 

Tal e como explicou o director da AXI, o trazado do carril-bici dun quilómetro de lonxitude discorre entre o punto quilométrico 16+700 (acceso ao Parador) e o quilómetro 17+700, e dará continuidade ao carril bici xa rematado entre Baiona e A Guarda que finaliza a aproximadamente 350 metros da entrada ao núcleo de Baiona.

 

[Img #17754]O carril bici terá un ancho de 2 metros, distinguíndose dous subtreitos: un dende o quilómetro 16+700 (Parador) ao 17+030 (Glorieta), discorre polo treito central da actual Alameda, anexo aos árbores existentes; o outro dende o quilómetro 17+030 (glorieta) ao  quilómetro 17+620, deséñase polo lado do mar para o que se despraza o eixo da estrada 2 metros, sendo preciso acondicionar os actuais calzada e beirarrúas, onde existen. Ademais, executaranse novas beirarrúas onde actualmente non existen.

 

O importe de licitación é de case 215.000 euros e conta con fondos Feder e beneficiará a unha poboación de máis de 25.000 veciños dos concellos de Baiona, Oia e A Guarda. O prazo de execución dos traballos é de 3 meses, polo que estarán rematas neste verán.

 

As empresas interesadas dispoñen de prazo ata o 28 de marzo para presentar as súas ofertas a esta actuación do Goberno galego.

 

O director da Axencia Galega de Infraestruturas sinalou que “a actuación licitada está en consonancia co desenvolvemento de diversos programas cos que se pretende favorecer a sostibilidade ambiental, reducindo a utilización dos vehículos privados, tanto mediante o fomento do transporte colectivo ou público coma coa execución de infraestruturas que favorezan a utilización de formas alternativas de transporte, menos contaminantes. Estes obxectivos concrétanse en actuacións tan relevantes na Área Metropolitana de Vigo como a implantación do plan de transporte metropolitano, a construción dos aparcamentos disuasorios de Moaña ou a implantación de itinerarios ciclistas como o que hoxe se licita, de modo que a mobilidade en Galicia será  máis segura, sostible e asequible para todos os cidadáns”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.