Mundo Empresa
O número de empresas exportadoras galegas medrou preto dun 30% nun lustro
O conselleiro de Economía e Industria resalta a aposta da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020 por facer crecer ese número de compañías exportadoras ata as 8.000
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que o número de empresas exportadoras galegas medrou preto dun 30% desde 2009 ata acadar as 6.235 ao peche de 2014, un incremento que, salientou o conselleiro, amosa que “os galegos non só estamos a abrir portas e tender pontes como nunca antes o fixéramos, senón que temos a confianza suficiente na nosa calidade e innovación como para competir con quen sexa, onde sexa”.
Durante a inauguración do Foro de Internacionalización de El Correo Gallego, Conde subliñou que ese incremento do número de sociedades galegas que venderon a outros mercados –con fitos en 2014 como as 800 compañías que o ano pasado exportaron a Estados Unidos-, veu acompañado por un incremento similar –tamén de en torno a un 30%- nas exportacións galegas no mesmo período. “Un 30% que se queda incluso pequeno se ollamos o éxito que tivemos en varios mercados clave: por exemplo en Rusia e China, onde as nosas vendas medraron, en cada caso, nun 133% en 2014 con respecto a 2009”, sinalou o conselleiro, que tamén citou o caso do Reino Unido (cun crecemento do 102%) e Latinoamérica, onde as exportacións a México medraron un 57,5% e a Colombia un 43%.
Esas boas cifras, subliñou, responden a un esforzo empresarial que ten permitido que a presenza no exterior sexa “un verdadeiro sinal de identidade” do tecido empresarial galego, e apuntou aos números de 2014 como a confirmación desa tendencia.
As cifras do ano pasado falan dunhas vendas ao exterior de 17.825 millóns de euros, rozando o récord de 2013, e medrando un 28% en mercados fundamentais como Estados Unidos, e nun 58% en países nos que Galicia aspira a entrar con máis forza, como Corea do Sur. Conde resaltou ademais como indicadores positivos de 2014 o saldo comercial de 3.330 millóns de euros, que sitúa a Galicia como a cuarta comunidade autónoma con mellor saldo comercial de España, a unha taxa de cobertura do 123%, fronte ao 90% da media nacional.
“A partir destes cimientos, empresas e Goberno estamos a deseñar a Galicia do futuro, que plasmamos na Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020: a nosa folla de ruta para ser unha rexión plenamente aberta aos mercados mundiais”, que o Executivo galego vén de aprobar tras incluír as propostas de máis de 300 axentes sociais e empresas, entre elas as maiores compañías de Galicia. Os obxectivos desa folla de ruta, subliñou o conselleiro, son claros: incrementar o peso das exportacións sobre o PIB galego, do 33% actual ao 40%; aumentar un 25% tanto o volume das exportacións como o investimento estranxeiro en Galicia; e acadar as 8.000 empresas exportadoras, incrementando o seu número actual tamén nun 25%.
A Estratexia, elaborada no marco da Axenda da Competitividade Galicia Industria – 4.0, suma apoios comprometidos pola Xunta máis de 50 millóns nos próximos dous anos, e se traducirá en 5 eixos de actuación centrados fundamentalmente nas pemes, “que son as que máis necesitan do apoio institucional para dar o paso de saír ao exterior”. Neste senso, Conde sinalou como o primeiro deses eixos o fomento da cultura de internacionalización, impulsando a formación en idiomas e marketing, así como reforzando ás becas no estranxeiro.
Como segundo eixo, destacou, a Xunta contribuirá ao incremento das pemes nos mercados internacionais, a través de medidas como un programa de mentorización das grandes empresas galegas, que xa están implantadas con éxito noutros países e que poden axudar ás pequenas a dar os seus primeiros pasos; ou 12 plans operativos sectoriais para as áreas estratéxicas da economía galega.
Atracción de investimentos
Ademais, defendeu Conde, Galicia potenciará a atracción de novos investimentos, para o que focalizará o esforzo en varias áreas clave: o apoio ao financiamento; a colaboración da Rede Galega de Business Angels; e o reforzo da colaboración con entidades públicas que contan con una gran capacidade de financiamento para as empresas, como o Banco Europeo de Inversións, Cofides, o Instituto de Crédito Oficial ou Enisa.
A ese apoio “lle sumaremos un reforzo dos incentivos aos investidores estranxeiros, destinando 2 millóns de euros para que expertos en mercados internacionais consigan novos proxectos para Galicia”, incidiu Conde, que defendeu ademais como outro dos instrumentos claves de futuro un impulso ao peche de ciclos produtivos en Galicia.
Galicia Calidade
Como cuarto eixo o conselleiro citou o impulso á consolidación da imaxe de Galicia no exterior, lanzando campañas sectoriais en mercados estratéxicos baixo a marca Galicia Calidade, reforzando as campañas de sensibilización sobre a calidade dos produtos galegos, e impulsando unha estratexia que potencie a percepción de Galicia como plataforma loxística.
E por último, a Estratexia se completa consolidando a unidade de acción de axentes, pemes e entidades financeiras, “unha unidade de acción que reforzaremos coa creación de novas representacións comerciais de Galicia en Perú, Dubai, Alemaña e Canadá”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115