Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 04 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O Club Natación Master de Mos supera os 50 metais entre os Campionatos de España e Galego e vence o Memorial Gerard Steudel

O Concello de Mos homenaxeou hoxe á agrupación deportiva polas súas últimas victorias deportivas

[Img #17778]

Esta tarde celebrouse unha recepción ó Club de Natación Master de Mos no salón de sesións do Concello. Na recepción estiveron presentes Nidia Arévalo Gómez, alcaldesa de Mos, Isidoro José Táboas Moldes, concelleiro de Deportes de Mos, Josué García Martínez, presidente do Club de Natación Master de Mos, membros do Club de Natación Master de Mos e outros membros da Corporación Municipal do Concello de Mos.

 

O motivo deste acto foi que os nadadores deste club deportivo veñen de obter numerosas vitorias nos Campionato Galego de Natación Master, Trofeo Memorial Gerard Steudel e Campionato de España de Natación Master de Inverno.

 

No Campionato Galego de Natación Master, celebrado o pasado 1 de febreiro, o Club de Natación Master de Mos conseguiu un total de 42 medallas: 19 ouros, 18 pratas e 5 bronces. E situouse no 4º posto da clasificación por clubes.

 

Pola súa banda, no Trofeo Memorial Gerard Steudel, que tivo lugar na Escola Naval Militar de Marín o 7 de febreiro, o club mosense quedou primeiro clasificado erixíndose vencedor da competición. E no Campionato de España de Natación Master de Inverno, disputado durante os días do 19 ó 22 de febreiro, acadou 10 metais: 5 medallas de ouro, 2 de prata e 3 de bronce; ademais de quedar no posto 28 da clasificación entre o total de 135 clubes participantes e no primeiro posto dos clubes galegos. Os 5 ouros obtívoos a nadadora Celia Iglesias, mentres que Marcelino Jorge logrou unha plata e un bronce, Salvador Sío un bronce, María Ferreira unha prata e Carmen Salgueiro un bronce.

 

Por todo elo estes deportistas mosenses recibiron hoxe palabras de felicitación e orgullo por parte da rexedora local mosense e do edil de Deportes, quenes destacaron “o traballo, esforzo, adicación e perseverancia destes nadadores xa adultos que son quen de compaxinar o deporte, a competición e os adestramentos coas súas profesións e familias; un sacrificio digno de eloxio que representa un auténtico exemplo a seguir para os veciños e veciñas, tanto nenos como maiores, de Mos”, declararon os representantes municipais.

 

Tras un mes de febreiro plagado de competicións, os deportistas do Club Natación Master inician o mes de marzo cunha nova proba participando a vindeira fin de semana nunha xornada de liga que se celebrará na localidade coruñesa de Carballo.

 

O Club de Natación Máster de Mos conta cun total de 31 nadadores e nadadoras membros, con idades comprendidas entre os 25 e os 84 anos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.