Salvaterra de Miño
A Xunta, o Porto de Vigo e o Consorcio da Zona Franca desbloquean o proxecto da plataforma loxística de Salvaterra-As Neves
A Conselleira Éthel Vázquez destacou que a colaboración entre as tres administracións implicadas está a permitir impulsar unha infraestrutura clave para o desenvolvemento futuro de Vigo e de toda Galicia, que está chamada a converterse no nodo loxístico intermodal de referencia no sur da comunidade”
Xunta de Galicia, O Porto de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo desbloquearon onte o proxecto da plataforma loxística de Salvaterra-As Neves coa sinatura do convenio de volta ao réxime de condominio. A ministra de Fomento, Ana Pastor, presidiu onte a sinatura do acordo por parte de Ethel Vázquez, Ignacio López-Chaves e Teresa Pedrosa.
A firma deste acordo permitirá comezar este ano as obras para a execución dos sistemas xerais, obras de movementos de terras, explanación, pavimentación, drenaxe de augas, captación e tratamento, así como a conexión eléctrica e outras, que suporán un investimento total de arredor de 36 millóns de euros.
Segundo destacou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a colaboración entre as tres administracións implicadas está a permitir impulsar unha infraestrutura clave para o desenvolvemento futuro de Vigo, pero tamén para o de toda Galicia, que está chamada a converterse no nodo loxístico intermodal de referencia no sur da comunidade”.
Grazas ao convenio asinado, esta plataforma loxística volverá ser un proxecto participado polas tres administracións implicadas no seu desenvolvemento: o Instituto Galego de Vivenda e Solo, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.
A distribución da participación de cada un dos tres organismos volverá a ser a prevista antes de que o anterior Goberno galego decidise resolver o réxime de condominio, e que na práctica supuxo deixar á Zona Franca fóra do proxecto. Deste xeito, as porcentaxes de participación volven ser as seguintes: Autoridade Portuaria de Vigo: 60,580 %, IGVS: 18,295% e Consorcio da Zona Franca de Vigo: 21,125 %.
Cabe destacar que a Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematou os accesos viarios ao polígono, cun investimento de máis de 20 millóns de euros nunha vía de altas prestacións de 4,5 km de lonxitude que conecta a autovía A-52 coa plataforma loxística.
A Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves concíbese como un complexo multifuncional disposto sobre un ámbito territorial dunhas 300 Ha, situado estratexicamente entre os municipios de Salvaterra e Ás Neves, no eixe vertebrador de desenvolvemento da costa Atlántica da Península Ibérica e que está conectado coa autovía A-52 e en co Eixe da liña ferroviaria Ourense-Vigo.
A colaboración que se establece entre as tres entidades (Xunta de Galicia, Ministerio de Fomento e Ministerio de Facenda e Administracións Públicas) dotará o sur da provincia de Pontevedra de solo loxístico e industrial, e facilitará a súa actividade económica e produtiva impulsando, ao mesmo tempo, a actividade e os tráficos do Porto de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61