Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 04 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

A CHMS sanciona o concello de Tui polos verquidos no regato San Martiño

A administración local terán que pagar máis de 57.000 euros de multa

[Img #17786]A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) toma medidas contra o verquido de augas contaminantes ao regato San Martiño situado na parroquia de Areas en Tui.

 

Para a asociación Verdegaia “este verquido constante torna as augas cristalinas do regato nun líquido gris e nauseabundo que vai aniquilando toda a fauna e flora que atopa polo camiño ata a desembocadura no rio Miño, espazo pertencente á Rede Natura 2000 por formar parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Baixo Miño”.  

 

Como as comunicacións realizadas ao concello de Tui e ao Seprona non eran obxecto da atención que a situación esixía, dendê a asociación ecoloxista Verdfegaia optaron por comunicar os feitos á Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e simultaneamente solicitar a restauración do ecosistema fluvial afectado, a sanción dos responsábeis e a posta en práctica de medidas que eviten situacións semellantes no futuro.

 

A CHMS, despois de analizar o estado das augas, acordou sancionar o concello de Tui por “un verquido de augas residuais, procedente de 3 colectores, á canle do regato San Martiño causando danos ao Dominio Público Hídrico” e consecuentemente impoñerlle unha multa de 43.891,20€ e unha indemnización de 13.167,36€.

 

Dende Verdegaia lamentan “esta sanción a cargo de fondos públicos municipais que se tería evitado se as administracións tivesen actuado en tempo e forma ante esta agresión medio ambiental. A denuncia que presentamos perante a CHMS non foi máis que a formalización das denuncias que moitas persoas que coñecían os feitos viñan facendo dende fai varios anos pero dun modo informal. É por iso que incitamos a todas as persoas a informar e, se corresponde, a denunciar aquelas situacións que consideren como infraccións ou inxustas co medio natural”.

 

Engaden que agardan “a rápida restauración deste regato para así devolver á zona ese especial atractivo que caracteriza os cursos de auga do Baixo Miño”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.