Galicia
A Xunta abre hoxe o prazo para solicitar a axuda para pagar a factura eléctrica
Os interesados poden acudir ademais as oficinas das Xefaturas Territoriais da Consellería de Economía e Industria, á Dirección Xeral de Enerxía e Minas, e aos Concellos, para tramitar a solicitude
A Consellería de Economía e Industria abre mañá o prazo para solicitar a axuda para pagar a factura eléctrica, despois de que a convocatoria para estes apoios fose publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia. Os interesados poderán solicitar estes apoios, que buscan beneficiar aos consumidores máis vulnerables no contexto enerxético actual, ata o vindeiro 30 de abril.
O Goberno galego duplica a cuantía dos apoios aos que se pode optar ao abeiro deste programa. Así, as axudas pasan de 90 a 180 euros anuais para as familias con dous o menos fillos ao seu cargo, e de 120 a 300 euros no caso das familias numerosas. Nesta mesma liña, se fai compatible esta axuda coa RISGA, ampliando a bolsa de potenciais beneficiarios ata os 40.000 fogares.
O tícket galego, sumado ao bono social do Goberno central, permitirá xerar de modo conxunto aforros de ata máis dun 50% no recibo eléctrico dos beneficiarios, que desta volta serán aquelas familias galegas con fillos menores de idade ao seu cargo e cuxos ingresos non superen en 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
Co fin de chegar ao maior número de familias posible, a orde simplifica os trámites de acceso para presentar as solicitudes, que se farán por vía telemática a través da dirección https://ticketelectrico.xunta.es. Ademais, o interesado poderá dirixirse ás oficinas de calquera das xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, así como á Dirección Xeral de Enerxía e Minas, e aos Concellos, para que lle tramiten a solicitude.
A orde de axudas terá unha duración dun ano, podendo solicitarse os apoios nesta ocasión para as facturas correspondentes ao segundo semestre de 2014, e con posterioridade, se abrirá un novo prazo para solicitar as axudas correspondentes ao primeiros seis meses de 2015.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121