Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 04 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos completa o plan integral de mellora dos vestiarios de campos municipais obrando no de Louredo

O terreo de xogo, sito en San Antoíño, consta de vestiarios superiores e inferiores, e ambos están xa a ser optimizados

[Img #17793]

O Concello de Mos completa o plan de melloras nos vestiarios de tódolos campos de fútbol municipais coa obra que se está a acometer estes días no Campo Municipal de Louredo, sito en San Antoíño. Estes traballos súmanse ós xa anunciados nos vestiaros do Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro-Tameiga e do Campo de Fútbol das Baloutas da Unión Deportiva Mos.

 

Esta mañá visitaron as obras no Campo de Louredo os concelleiros de Deportes, Isidoro Táboas, e de Alumeado, Luis Alonso; para supervisar o óptimo desenvolvemento dos traballos.

 

Os labores que se están a levar a cabo nas instalacións deportivas do Louredo optimizarán tanto os vestiarios da parte superior das mesmas coma os da parte inferior. Os vestiarios da parte de arriba do campo son os que soen ser empregados polos equipos local e visitante, así como un individual para o árbitro; mentres que os da parte de abaixo soen ser utilizados polas peñas.

 

Concretamente o que se está a facer nos vestiarios superiores é unha revisión, optimización e posta en marcha da instalación eléctrica, mellora das zonas de inodoros e duchas que inclúe renovación de todas as pezas de cerámica e grifería, pintado, instalación de bancos e percheiros; e reparación e substitución de portas.

 

Pola súa banda nos vestiarios da parte inferior mellorarase a zona de duchas incluíndo a instalación de novas pezas de grifería, revisarase, optimizarase e porase en marcha a instalación de fontanería, aplicarase pintura aislante para evitar a entrada de auga e realizaranse traballos de pintado en xeral.

 

Os representantes municipais destacaron a importancia desta obra ó tratarse o Campo de Fútbol de Louredo, xunto co de Cototorrón e As Baloutas, dun dos tres campos municipais mosenses, ós que acode unha maior afluencia de público e usuarios, sobre todo infantís; e cunha maior actividade e organización de actos deportivos nas súas instalacións. O Concello de Mos demostra así, unha vez máis, o seu “afán de apostar polo deporte e sobre todo cando se trata de deporte base, o que practican os cativos que serán o futuro de Mos”, segundo declararon Táboas e Alonso.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.