Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 07 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O BNG propón solucionar o “grave perigo" do Penedo da Sobra en Guláns

Os nacionalistas acusan a Solla e Louzán de incumprir as súas promesas de resolver esta ameaza para os veciños de O Pereiro e a estrada a Couso

O BNG, recollendo a demanda dos veciños e da Comunidade de Montes da parroquia de Guláns, presentou unha proposta que será debatida no Pleno deste mes de marzo para solucionar o grave perigo que o Penedo da Sobra representa para os veciños do lugar de O Pereiro e para a estrada que comunica Couso con Guláns.

 

O Penedo da Sobra está situado nun desnivel, nunha ladeira de 200 metros cunha forte pendente, “unha das partes do penedo, que está fendido en dous, corre grave risco de desprenderse monte abaixo sobre á estrada a Couso e algunhas vivendas  do lugar do Pereiro”, manifestou Diego Prego, concelleiro do BNG.

 

Os nacionalistas lembraron que "en maio de 2007, no último día de campaña das municipais, o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde Salvador González Solla, anunciaban na prensa que a Deputación resolvería este grave perigo. Un mes despois incluso cortaron unha tarta co debuxo do penedo" aseguran nun comunicado , engadindo que  “dende aquela  xa pasaron oito anos e todo se quedou en propaganda pero os veciños consideran que a ameza é maior cada ano que pasa” afirmou o concelleiro do BNG.

 

O BNG comparte o prantexamento trasladado pola Comunidade de montes de Guláns e propón a realización dun estudio técnico sobre os riscos de desprendemento do Penedo da Sobra e as actuacións a executar para rematar con esta situación de inseguridade. Os nacionalistas instan a Deputación provincial a colaborar co Concello de Ponteareas nestas actuacións.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.