Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 07 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

IKFEM, elixido polo Ministerio de Cultura de España para a Mostra Espanha 2015

[Img #17834]O  Festival Internacional de Teclado da Eurocidade Tui-Valença, IKFEM, foi seleccionado para formar parte da programación da Mostra Espanha 2015, evento que se celebra con periodicidade bienal como resultado dun compromiso iniciado en 2009 desde o entón Ministerio de Cultura de España para ofrecer ao público portugués un amplo repertorio de acontecementos representativos da cultura e do patrimonio español.

 

O pasado xoves 26 de febreiro a Subdirección General de Promoción de la Cultura del Ministerio de España, representado polo seu director Emilio Vilanova e Feliciano Novoa, oficializou a invitación ao festival tras manter unha reunión coa directora de IKFEM, Andrea González, e con representantes da Eurocidade, aproveitando para visitar os espazos onde se realizarán as distintas actividades.

 

IKFEM, con tan so dúas edicións ás costas, chamou a atención non só pola súa programación de alta calidade senón tamén polo "seu compromiso coa cultura española e portuguesa, empregando a música coma nexo entre estas dúas culturas no marco estratéxico da Eurocidade". No mes de xullo o IKFEM celebrará a súa terceira edición, reservando un día da súa programación para a Mostra Espanha que terá lugar no Outono.

 

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, amosa a súa satisfacción pola elección do IKFEM para Mostra Espanha, ao tempo que felicita aos seus organizadores polo traballo desenvolvido ata o momento neste festival.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.