Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 06 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Os vigueses beneficiaranse dos descontos nas viaxes interurbanas grazas ao Plan de Transporte Metropolitano

Este desconto podería ser maior se Vigo estivese dentro do Plan de Transporte Metropolitano xa que os desprazamentos urbanos serían gratuítos.

[Img #17837]A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo hoxe un encontro coa presidenta e membros da xunta directiva da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao (Favec), María Pérez, Manuel Rodríguez e Manuel Guerra, para tratar sobre a implantación do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo tras a firma dos convenios entre a Xunta e 12 concellos da área.

 

No transcurso do encontro, a delegada lembroulles que os vigueses e as viguesas poderán solicitar a súa tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG) e así beneficiarse dos mesmos descontos que o resto de cidadáns da comarca no que se refire aos seus desprazamentos interurbanos. É máis, este desconto será superior para os usuarios frecuentes (15% máis) ou para as familias numerosas (ata un 50% máis de bonificación).

 

Ademais, no que insistiu Bravo Bosch foi no feito de que os vigueses e as viguesas poderían ter un desconto aínda maior se o Concello de Vigo formase parte do Plan de Transporte Metropolitano xa que estarían incluídos os desprazamentos urbanos e, así, a bonificación desta viaxe, que sería totalmente gratuíta para os veciños e as veciñas.

 

Por poñer un exemplo, un cidadán de Vigo que traballe no Porriño terá o seu desconto no desprazamento interurbano –pasará de pagar 1,64 euros a 0,85 euros-, pero non poderá optar á viaxe gratuíta no urbano se necesitase desprazarse pola cidade a bordo do Vitrasa. “Poderíamos ter descontos medios de 600 euros ao ano nos desprazamentos interurbanos e os vigueses e as viguesas poderían chegar a ter aforros de ata 400 euros máis ao ano”, especificou a delegada.

 

A Xunta de Galicia achega así o 80% do investimento -9,2 millóns de euros- e os concellos o 20% restante para a implantación do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo. “O que queremos é facilitar as viaxes entre a gran área metropolitana que temos en Vigo”, dixo a delegada, quen lembrou que unha achega tope non é posible porque equivalería a poñer un tope de beneficiarios ao Plan de Transporte Metropolitano.

 

Por último, a delegada lembrou que o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia vai máis alá de “cores políticas” explicando que tanto na Coruña, Santiago, Lugo e Ferrol a actual Xunta de Galicia asinou o TMG con alcaldes socialistas, é dicir, Javier Losada, José Antonio Sánchez Bugallo, José López Orozco e Vicente Irisarri, respectivamente.  

 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.