Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 11 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

O Concello de Tui convoca trece prazas de carácter temporal para distintos servizos municipais

Os interesados teñen ata o 18 de marzo para presentar as súas solicitudes

[Img #17838]O Concello de Tui ten aberto o prazo para presentar as solicitudes para acceder a unha das trece prazas de traballo temporal que convoca para distintos servizos municipais. Os interesados poden consultar as bases completas de cada praza no taboleiro de anuncios do Concello ou na web municipal. Teñen ata o próximo 18 de marzo para presentar as súas solicitudes no Rexistro de Entrada do Concello. En todos os casos a duración máxima do contrato será ata o 31 de decembro deste ano.

 

Por unha banda convócanse cinco prazas de auxiliares administrativos a tempo completo para os departamentos de urbanismo, intervención, biblioteca e  secretaría. Tamén se convoca unha praza de auxiliar administrativo a tempo parcial con 20 horas semanais para a biblioteca.

 

Esta convocatoria de prazas contempla tamén a contratación dun operario de mantemento electricista, un operario para o cemiterio municipal, un peón operario para o Punto Limpo e un encargado de mantemento do Pavillón Municipal. Por outra parte ábrese tamén  o prazo para que presenten as súas solicitudes os interesados en acceder a unha praza de Traballador/a Social e para dous Auxiliares da Policía Local. 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.