Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 07 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Atopan o corpo sen vida dun home preto do porto deportivo de Arcade

O corpo sen vida dun home foi atopado esta tarde flotando preto do porto deportivo de Arcade, no concello pontevedrés de Soutomaior. Un particular alertou ao CAE 112 Galicia ao redor das 13:45 horas desta tarde do suceso e dunha embarcación de recreo que tamén se atopaba á deriva. De seguido, pasouse aviso a Salvamento Marítimo de Vigo, que mobilizou o helicóptero Pesca I e atopou ao home, que foi levado ao peirao de Arcade por un dos remolcadores.
 
Descoñécense as causas do ocorrido, aínda que Salvamento apunta a unha posible caída accidental. Así mesmo, informaron que a embarcación fora amarrada no porto por uns particulares. Dende o 112 Galicia solicitouse, tamén, a intervención da Garda Civil, dos efectivos de Protección Civil de Soutomaior de Redondela, ademais de informar ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Salvamento Marítimo de Fisterra.
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.