Ponteareas
Ata o 9 de abril os interesados poden optar á concesión do “chiringuito” da Freixa
O Concello de Ponteareas, abría esta semana o procedemento para a adxudicación do uso do “chiringuito” nº 4 situado na praia de A Freixa.
Este espazo conta con 78,07 m2 de superficie total, sendo a superficie pechada de 30,00 m2 e a superficie de terrazas de 48,07 m2.
Poderán optar a ser adxudicatarios desta concesión as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas nunha prohibición de contratar, e acrediten a súa solvencia económico-financieira nos termos do prego de condicións.
Os criterios de adxudicación, terán en conta entre outros, as obras de adecuación e reforma da edificación sen coste para o concello ou o proxecto/memoria de xestión e organización do chiringuito.
Os interesados poden presentar as súas propostas nun prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no BOP. Poderán atopar a información na web do concello, no apartado “perfil do contratante”.
O adxudicatario obterá unha concesión por un prazo de dous anos prorrogábeis a outros dous.
O Prego de Cláusulas Administrativas Particulares están a disposición dos interesados no departamento de Secretaría Xeral do Concello de Ponteareas. Tamén poderán obter información a través da coñecida web municipal.
A documentación presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas en horario de 9,00 as 13,00 horas ou en calquera das formas previstas na Lei 30/92 de 26 de novembro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149