O Porriño
O BNG denuncia por "ofensiva contra as mulleres" a programación municipal do 8 de marzo
O BNG considera "ofensiva para as mulleres e a programación organizada polo Concello do Porriño con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller". Os nacionalistas rntenden que "unha charla sobre nutrición ou unha andaina popular sen contido reivindicativo algún, non son as actividades máis apropiadas para organizar desde o concello nunha data tan sinalada. O PP esquece, intencionadamente, o carácter combativo dunha data que reivindica a loita histórica do feminismo pola igualdade real entre mulleres e homes. A programación deseñada pola concellaría de Igualdade que dirixe Teresa Veloso é propia 'doutra época'. Afortunadamente a sociedade porriñesa vai por diante das políticas de igualdade postas en marcha polo PP".
O Bloque tampouco apoiou o manifesto institucional do 8 de marzo aprobado por PP e PSOE no pleno. "Un texto que non vai máis alá dunha mera declaración de intencións e que non contempla ningún compromiso real do concello coa igualdade. Demandamos que se abandonen discursos retóricos e apostamos por investir recursos públicos a prol da igualdade. Non son tempos de festexar, son tempos de combater, desde os poderes públicos, a desigualdade e o patriarcado. Queremos denunciar especialmente a hipocrisía do PP, que no mesmo pleno no que aprobou un manifesto institucional ao noso entender completamente baleiro de contido, votou en contra dunha iniciativa do noso grupo municipal que reclamaba da Xunta aprobar un Plan de Emprego Feminino para loitar contra a discriminación laboral das mulleres" aseguran nun comunicado de prensa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213