Provincia
Máis de 320 menores de 30 anos benefícianse de contratos de formación dual
No caso concreto dos contratos de formación dual nesta empresa, a actividade formativa está vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade na especialidade de “atención ao cliente, ao consumidor ou usuario”
A Consellería de Traballo e Benestar está a apoiar un total de 324 novos contratos de formación dual en Galicia -136 en empresas e 188 en concellos-, cun investimento global de preto de 1 millón de euros. Deste total, as contratacións nas empresas están a recibir 305.000 euros; e as dos concellos, 600.000 euros.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitaba onte a 25 destes menores de 30 anos, que están a beneficiarse dun contrato de formación dual dun ano de duración en Bosch Security Systems de Vigo, co fin de mellorar a súa empregabilidade.
Beatriz Mato aproveitou para convidar ás empresas e concellos de Galicia a solicitar novos contratos na próxima convocatoria cuxa orde publicarase nas próximas semanas no DOG
Na súa intervención, a titular de Traballo explicou que estes contratos consisten nun emprego cun salario acorde ao convenio colectivo con contratos vinculados a unha actividade formativa que debe ser do mínimo do 25% da xornada laboral.
Os contratos de formación dual resultan “moi beneficiosos” tanto para os traballadores como para as empresas. Os traballadores, ademais de acceder a un contrato, ven como a súa formación, preparación e cualificación se incrementa de forma sobresaínte ao participar nesta actividade.
No caso concreto dos contratos de formación dual de Bosch, a actividade formativa está vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade na especialidade de “atención ao cliente, ao consumidor ou usuario”. Trátase dun certificado de profesionalidade con validez nacional, que xa recibiron preto de 50.000 galegos e galegas, o que sitúa á Comunidade á cabeza de todas as autonomías nesta materia.
Mato engadiu que, ao mesmo tempo, a fórmula de formación dual supón tamén unha vantaxe para as empresas participantes, que poden contar cuns traballadores cunha preparación e formación específica para os seus postos de traballo, o que supón “a mellor garantía para a súa produtividade e competitividade”.
A Consellería de Traballo e Benestar, de forma voluntaria e pioneira, está a financiar toda a formación que exceda do 25% da xornada laboral. No caso dos 29 contratos de Bosch, a parte formativa supón o 37% da xornada, e isto supón un investimento de preto de 46.000 euros por parte do departamento autonómico.
Por último, Beatriz Mato aproveitou para convidar ás empresas e concellos de Galicia a participar activamente e solicitar novos contratos na próxima convocatoria de formación dual cuxa orde publicarase nas próximas semanas no DOG.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121