Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 11 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

A Policía Local de Mos recupera en Petelos un vehículo que lle fora roubado a un veciño do Porriño

Os feitos sucederon durante a madrugada do pasado domingo

A Policía Local de Mos informou da recuperación dun vehículo roubado durante a madrugada do pasado domingo, día 8 de marzo.

 

Tratábase dunha furgoneta isotérmica que axentes da Policía Local atoparon este luns pola mañá mal estacionada e cunha porta aberta no Camiño do Castro, parroquia de Petelos, na zona de San Eleuterio.

 

[Img #17877]Tras o achado, a Policía consultou a base de datos da Garda Civil para comprobar se o automóbil en cuestión figuraba como substraído. Constatando que non era así, procederon a localizar ó propietario titular do vehículo, un veciño do Porriño que, descoñecendo que a furgoneta lle fora substraída, afirmaba que a tiña correctamente estacionada na Rúa Xogo da Ola no Porriño.

 

A continuación, o titular do vehículo presentou a correspondente denuncia, tras a cal a Policía Local de Mos instruiu as dilixencias oportunas a fin de averiguar a identidade do autor do presunto roubo. A este respecto, fontes da Policía mosense, informaron de que teñen pistas respecto do presunto autor, pero atópanse aínda traballando para localizalo e proceder á detención.

 

Pola súa banda o propietario da furgoneta, veciño a limítrofe localidade do Porriño, xa ten no seu poder o seu vehículo, que recuperou onte mesmo tras presentar a pertinente denuncia e que a Policía Local de Mos realizase as dilixencias oportunas e a necesaria inspección ocular do automóbil.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.