Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 18 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Gondomar

Inicio das obras de construción do Centro de Saúde de Gondomar

[Img #17889]A semana pasada tivo lugar a Acta de Replanteo e visita polos terreos da parcela da Rúa das Ánimas onde se construirá o novo Centro de Saúde de Gondomar.

 

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, visitaba o pasado día 10 os terreos onde se edificará este centro de saúde, acompañado do alcalde de Gondomar, Fernando Guitián; o director de Procesos sen Ingresos e Urxencias da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, D. Francisco J. Caramés ;  a xefa territorial de Sanidade, Dª. Ángeles Feijoo-Montenegro e xefa de servizo da S.X. de Investimentos, Dª. Amparo Montenegro. Ao acto tamén asistiron representantes da empresa adxudicataria CORSAN- CORVIÁN.

 

Este novo centro da rede sanitaria pública galega, terá unha superficie total superior a 1.600 metros cadrados, atenderá unha poboación dunhas 10.400 persoas e contará cunha área de medicina xeral con 12 consultas, unha área pediátrica con 2 consultas, 1 consulta de matrona, 1 sala de educación maternal, traballador social, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, 2 salas polivalentes e resto de espazos de apoio necesarios para o normal funcionamento do centro.

 

O Centro de Saúde é cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder 2007-2013, por un importe de 2.373.546,82 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.

 

Fernando Guitián alcalde de Gondomar manifestou “sentirse moi satisfeito por poder cumprir un compromiso con unha das demandas máis solicitada, ofrecendo este novo centro de saúde, moi necesario para os veciños de Gondomar,".

 

Este novo centro da rede sanitaria pública galega suporá que tanto os profesionais como os usuarios dispoñan dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, dando unha mellor resposta ás necesidades de saúde presentes e futuras dos veciños deste municipio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.